Hosting por dinahosting.

A Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” presenta o seu Plan alimentario Local no 1o Simposio Ibérico de Agroecoloxía, Municipalismo e Desenvolvemento Rural.

Os pasados 12 e 13 de decembro tivo lugar na Escola Politécnica Superior de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela (USC), o I Simposio Ibérico sobre agroecoloxía, municipalismo e desenvolvemento rural, organizado pola USC, a Deputación Provincial de Lugo, a Sociedad Española de Agricultura Ecológica (SEAE) e a Rede de Municipios TERRAE.

Cerca de 50 entidades chegadas de toda a Península Ibérica  e Canarias presentaron as súas iniciativas agroecolóxicas innovadoras en dúas xornadas onde se traballou en distintas dinámicas de grupos no intercambio de ideas, experiencias e coñecemento sobre a formación e o acompañamento ao emprendemento agroecolóxico, a comercialización de producións locais agroecolóxicas e a compostaxe como competencia municipal e reto agroecolóxico.

Jorge Blanco (Xestor da Reserva de Biosfera) e Beatriz Suárez (Laboratorio do Territorio da USC) compartiron cos asistentes nos avances do traballo de deseño do Plan alimentario e as actividades que se veñen poñendo en marcha neste ano co apoio da Fundacion Biodiversidad.

Máis info:

http://www.tierrasagroecologicas.es/2014/12/desde-lo-local-se-apuesta-firme-por-la-transicion-agroecologica/

Leave a Comment