Hosting por dinahosting.

“Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” anima ao consumo ecolóxico nos centros escolares da Reserva de Biosfera

O pasado xoves 16 de abril os 70 alumnos do CEIP de Curtis participaron na iniciativa piloto de consumo de produtos ecolóxicos. Esta actuación, que conta có apoio da Fundación Biodiversidad dentro do Plan alimentario da Reserva de Biosfera, permitiu que os cativos e cativas puideran gozar dun menú ecolóxico en base a produtos do territorio: sopa de verduras, albóndegas con arroz e xeado

A idea tivo unha gran acollida por parte do centro, os cociñeiros e os alumnos que ademais, puideron participar nun obradoiro de divulgación sobre os beneficios para a saúde, o medioambiente e a economía local que nos reporta o consumo de alimentos ecolóxicos de proximidade. Para esta actividade se contó con a presenza dun representante do Consello Regulador da Agricultura ecolóxica de Galicia (CRAEGA).

A Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas Betanzos, xunto cos produtores e transformadores ecolóxicos do territorio, está promovendo o consumo ecolóxico desde os centros escolares, como unha oportunidade para axudar a os pequenos produtores e transformadores a abrirse mercado, animando aos novos emprendedores do sector a producir con prácticas ambientales responsables.

As empresas participantes coas que se está traballando para consolidar a iniciativa en este e outros centros escolares son: La huerta de la Almuzara (Abegondo), O lugar de Vilariño (Oza- Cesuras), Finca Bouzón (Curtis), Revolta na Horta e A horta de Ana (Carral), La huerta de Antía (Oza- Cesuras), Granxas de Lousada (Irixoa), Ivan Lata Rodríguez (Oza- Cesuras), Orballo (Paderne), Factoría Ecolóxica (Oleiros) e Helados Gael (Bergondo).

Leave a Comment