Hosting por dinahosting.

Xornada Divulgativa: Os Beneficios do Consumo Agroecolóxico

O próximo martes 16 de Xuño de 2015 terá lugar na Fundación Juana de Vega (San Pedro de Nós, Oleiros) a Xornada “Os beneficios do consumo agroecolóxico”.

Trátase dunha actividade divulgativa que terá lugar no marco do Curso de Verán da USC “Calidade agroalimentaria e desenvolvemento rural: un enfoque agroaecolóxico” e que ten por obxectivo a sensibilización dos habitantes da Reserva de Biosfera ao respecto das implicacións da produción e o consumo sostible para a saúde, a conservación da biodiversidade e o medioambiente, e o mantemento da economía rural.

Nesta xornada terá lugar unha mesa de debate sobre o consumo ecolóxico nos centros escolares.

A Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” ven traballando no curso 2014-2015 na iniciativa piloto de consumo de produtos agroalimentarios ecolóxicos nos centros escolares; actividade que forma parte do Plan Alimentario da Reserva de Biosfera.

Descarga o Programa premendo no seguinte enlace:

PROGRAMA

xornadaosbeneficiosconsumo-agroecolc3b3xicosostibles16xuc3b1o2015

 

Leave a Comment