Hosting por dinahosting.

Ampliado prazo ATA O 27 DE XULLO para a Cesión de Viveiro de Emprendemento Hortícola na Parroquia de Iñás (Concello de Oleiros)

AMPLIACIÓN DO PRAZO PARA PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS

Por mor das solicitudes recibidas por parte de potenciais emprendedores de cara á necesidade de máis tempo para perfilar as súas solicitudes, decídense ampliar os prazos definidos inicialmente segundo se especifica a continuación:

  • Data límite para a presentación de propostas: 27 de xullo de 2015
  • Data límite para a resolución de adxudicación: 14 de agosto de 2015
  • Data límite para a formalización de cesión: 31 de agosto de 2015

PREME AQUÍ PARA DESCARGAR AS BASES DO CONCURSO:

  BASES

Dende a Asociación Mariñas Betanzos estase a traballar na xeración de emprego, apoiando o emprendemento e a incorporación de novos activos á actividade agraria, no marco da agricultura ecolóxica e a recuperación dos cultivos tradicionais, mediante o desenvolvemento de actividades de acompañamento, aprendizaxe, titorización, do establecemento de relacións co sector, fundamentalmente coa pequena empresa agraria e a agroalimentaria así como as súas conexións co sistema galego de innovación.

A Asociación Mariñas Betanzos posúe, en calidade de cesión temporal, unha parcela de 1,93 hectáreas no lugar de O Campamento, parroquia de Iñás, Concello de Oleiros (A Coruña), para o que abre un proceso de convocatoria pública para uso da parcela como “Viveiro de Emprendemento Hortícola”, xúntase como anexo as Bases da Convocatoria con máis información.

O obxectivo desta iniciativa é animar a incorporación de persoas na produción hortícola, apoiando a formación e aprendizaxe.

Este proceso deberá ir ligado preferentemente á recuperación de variedades tradicionais e á produción ecolóxica.

Estas instalacións funcionaran como “viveiro de empresas” de maneira que as persoas emprendedoras poidan iniciarse na actividade hortícola durante un período limitado de tempo (3 anos).

Dende a propia Asociación, neste viveiro prestaránse servizos de aconsellamento e asesoramento a emprendedores durante a súa estadia.

Se eres unha persoa emprendedora, está pode ser a túa oportunidade para iniciarte na produción hortícola, para o que deberás presentar un modelo de solicitude que vai incorporado nas bases, indicando no asunto “Concurso de VIveiro de Emprendemento Hortícola”, acompañado de fotocopia de DNI, certificado de empadronamento e un Plan de Empresa coa túa proposta, sendo a data límite de presentación o 27 de xullo de 2015.

Leave a Comment