Hosting por dinahosting.

Emenda: Bases para convocatoria para a cesión de viveiro de transformación agroalimentaria na parroquia de Iñás (Concello de Oleiros)

Tras as dúbidas xurdidas e consultas efectuadas por parte de potenciais emprendedores, candidatos e cesionarios das instalacións, redactase a presente emenda ás bases da convocatoria respecto da natureza da tipoloxía de actividades admitidas a desenvolver:

Substitúese a denominación “Transformación Agroalimentaria” por “Industria Agroalimentaria”, ampliando deste xeito o abano de actividades admisibles de acordo á lexislación vixente.

Dito cambio afecta tanto ao propio título das bases, quedando do seguinte xeito: BASES PARA A CONVOCATORIA PARA A CESIÓN DE VIVEIRO DE INDUSTRIAS AGROALIMENTARIAS NA PARROQUIA DE IÑÁS (CONCELLO DE OLEIROS), como ao seus contidos referentes ás actividades admitidas como candidatas á desenvolver nas instalacións cedidas.

  • Data límite para a presentación de propostas: 27 de xullo de 2015
  • Data límite para a resolución de adxudicación: 14 de agosto de 2015
  • Data límite para a formalización de cesión: 31 de agosto de 2015

PREME AQUÍ PARA DESCARGAR A EMENDA:

EMENDA

Leave a Comment