Hosting por dinahosting.

Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación Mariñas Betanzos o día 13 de xuño en Bergondo

O vindeiro luns 13 de xuño, ás 19 horas en primeira convocatoria e 19.30 en segunda, celebrarase a Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación Mariñas Betanzos, no Edificio Sociocultural de A Senra (Cruz do Sar, nº 15165 Bergondo – A Coruña), coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación das actividades e contas anuais do ano 2015.
  2. Proposta de actividades e o orzamento para o ano 2016
  3. Presentación Candidatura LEADER 2014-2020 do GDR 23, para ser presentada ante AGADER.
  4. Suxestións e preguntas.

Comunicar a todas as entidades asociadas que os libros da Asociación do ano 2015 desagregados atópanse a disposición de todos os asociados na sede: Antiga Cámara Agraria, primeiro andar; Rúa San Marcos, s/n 15318 Abegondo (981669541)

 

Leave a Comment