Hosting por dinahosting.

Feijóo comprométese a apoiar a ampliación da Reserva da Biosfera

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, desprazouse onte a Santiago de Compostela para manter unha reunión de traballo co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, con quen tratou diversos asuntos de importancia para o municipio, como o desenvolvemento da Reserva de Biosfera As Mariñas Coruñesas, un proxecto co que o mandatario autonómico comprometeuse.

Cando están a piques de cumprirse catro anos da aprobación como reserva por parte da Unesco, Santiso comunicoulle a Feijóo a decisión de ampliar a Reserva a concellos como A Laracha, Carballo, Mesía, Vilasantar e Cerdeceda, que solicitaron a súa unión e están a aprobar o trámite nas súas corporacións.

O proceso, explican desde Abegondo, será longo, xa que debe ser referendado polo Estado e a Unesco.”É un paso moi importante, ao abarcar zonas de especial interese ambiental como a Costa da Morte, a lagoa de Meirama ou a cabeceira do Mandeo”, apuntou Santiso.
Marca de calidade
Feijóo ofreceu “todo o apoio” da Xunta para o desenvolvemento do plan de acción da Reserva, documento que lle mostrou o alcalde de Abegondo. Por outra banda, o presidente galego viu con bos ollos a creación dunha marca de calidade que recoñeza os produtos autóctonos deste territorio.

Entre os próximos retos, Santiso avanzou, ademais da implantación da marca de calidade, a coordinación entre os centros de interpretación existentes para integrarse no Club de Ecoturismo Estatal.

Fonte: (El ideal Gallego).

Leave a Comment