Hosting por dinahosting.

Xornadas de turismo e medio ambiente en Sada

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, abriu o 27 de abril as Xornadas de Turismo e Medio Ambiente, que acolleu ata o día 28 a Casa da Cultura Pintor LLoréns de Sada.

O acto de apertura contou tamén coa presenza do alcalde de Sada, Benito Portela, e o presidente do Consello de Dirección da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, José Antonio Santiso. Durante a súa intervención, González Formoso defende o potencial turístico da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas, poñendo en valor o único espazo destas características na provincia.

O presidente da Deputación mencionou tamén a incorporación dos cinco novos concellos coruñeses a esta reserva protexida, que son Carballo, Cerceda, Laracha, Mesía e Vilasantar. Estes municipios contribuirán a incrementar as potencialidades económicas, turísticas e medioambientais deste espazo singular, recordando así o decidido apoio da Deputación, xunto cos dezasete Concellos implicados neste proxecto, para defender diante da Unesco a candidatura das Mariñas e Terras do Mandeo como reserva da biosfera.

O alcalde da localidade de Sada interviu poñendo de releve a intención de crear no seu municipio áreas de espazos naturais de interese local, manifestando que para estas actuacións é necesario lograr o maior consenso posible entre todas as forzas sociais e políticas. Benito Portela rematou a súa intervención agradecendo a presenza de todos os poñentes e convidados, especialmente ao presidente da Deputación da Coruña, así coma ao presidente da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Dando paso ao presidente da Reserva, este iniciou a súa exposición agradecendo a participación ao director do Ceida, Carlos Vales, así como do xerente, Jorge Manuel Blanco, na constitución e no desenrolo da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Santiso Miramontes tamén fixo referencia a que o noso espazo natural é unha reserva atípica, que aglutinará a poboacións que sumarán máis de 250.000 habitantes cando se teña feita a ampliación cos cinco concellos, que xa solicitaron a súa inclusión. Tamén recalcou que a Reserva cumpre os principios xerais da Unesco, sendo estes unhas medidas necesarias para que o ser humano poida vivir respectando o medio ambiente e facendo un desenrolo económico sostible, para o que é preciso unha política de turismo acorde.

O presidente do consorcio fixo tamén especial fincapé en que é perfectamente posible facer compatibles os espazos naturais de interese local cos destinados a actividades económicas, podendo coexistir ambos en harmonía. Rematou recalcando a necesidade de que exista un consenso social maioritario, sen caer en partidismos.

As xornadas remataron coa intervención de varios poñentes, que concidiron na necesidade pór en práctica todas as políticas posibles que contribuían a que a reserva das Mariñas sexa un referente para outros espazos europeos, e traballar en común na protección do patrimonio sen prescindir de ningunha actividade económica.

De esquerda a dereita: Regueira Varela, Castro Vilariño, Suárez Becerra e Vales Vázquez
Sonia Molero diríxese aos poñentes José Garrote, Boga Moscoso e López Viñas
Elena Carro, José Soto, María Rozamontes e Ignacio de Marco
Acto de clausura con presenza de Blanco Ballón, José Soto e Suárez Becerra

 

 

Leave a Comment