Hosting por dinahosting.

IV ANIVERSARIO RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO

A Reserva de Biosfera ” Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” foi declarada pola UNESCO o 28 de Maio de 2013.

O Alcalde do Concello de Curtis, D. Javier F. Caínzos Vázquez, o Director do CEIDA, D. Carlos Vales Vázquez e o Presidente da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, D. José Antonio Santiso Miramontes, presidirán os actos de celebración do IV ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN DA RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO, que terán lugar o xoves 25 de maio de 2017 as 10:00 horas nunha xornada técnica no Castelo de Santa Cruz ( Oleiros), sede do CEIDA, e o venres 26 de maio as 12:00 horas nun Acto Institucional que terá lugar no Centro Etnográfico do Mandeo en Teixeiro ( Curtis).

Leave a Comment