Hosting por dinahosting.

XORNADAS FORMATIVAS: “NOVAS METODOLOXÍAS PARTICIPATIVAS PARA A DINAMIZACIÓN DA ECONOMÍA LOCAL”

Xornadas formativas da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos

Desde a Asociación Mariñas-Betanzos estamos poñendo en marcha a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo LEADER 2014-2020, que axude a avanzar nos obxectivos da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Impulsar un modelo económico sostible, capaz de crear e manter emprego no medio rural, considérase un dos obxectivos específicos desta Estratexia. Para impulsar este obxectivo e mellorar a capacitación para o emprego da poboación e facilitar a súa inserción laboral, a Asociación Mariñas-Betanzos deseñou un Programa de Formación que promoverá durante o período 2016-2020 unha serie de actividades formativas gratuítas dirixidas a toda a poboación activa do territorio.

A primeira acción formativa que se poñerá en marcha no ano 2017 denominada “NOVAS METODOLOXÍAS PARTICIPATIVAS PARA A DINAMIZACIÓN DA ECONOMÍA LOCAL”, busca mellorar a capacidade da poboación do territorio no deseño de eventos e procesos participativos, adquirindo coñecementos e habilidades que axuden a dinamizar aos axentes territoriais e a súa implicación en redes e procesos baseados na colaboración.

Esta formación, cunha duración total de 20 horas, distribuirase en 4 módulos de 5 horas cada un, desenvolvéndose os días 2, 9, 16 e 23 de xuño, en horario de 9:00 a 14:00, na Aula de Formación de O Naranxo (ubicación), concello de Abegondo. Para máis información pódese consultar o díptico das xornadas.

As prazas son limitadas e estableceranse por rigorosa orde de inscrición.

A inscrición pódese realizar para a totalidade da formación ou por módulos independentes a través do seguinte formulario, do correo electrónico info@marinasbetanzos.org co asunto “Formación”, ou do teléfono 981 669 541.

 

Leave a Comment