Hosting por dinahosting.

Curso “Mar, Gastronomía, e Turismo: Oportunidades para Emprender e Cooperar”

Curso “Mar, Gastronomía, e Turismo: Oportunidades para Emprender e Cooperar” a desenvolver, os días 21, 22, 27, 28 e 29 de Setembro (en horario de 9 a 14 h.).

 

O Curso está organizado pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, entidade xestora da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas (http://marinasbetanzos.gal/descricion/), e celebrarase na Aula de Cociña PortoMuiños (http://auladecocinaportomuinos.blogspot.com.es/p/como-llegar.html) na Barcala (Cambre).

Entre os obxectivos deste curso, están os de:

  • Identificar novas oportunidades para a xeración de emprego, a través da posta en valor dos recursos mariños e do litoral.
  • Coñecer experiencias innovadoras e de éxito no marco da posta en valor dos recursos mariños e do litoral, a gastronomí­a e a posta en valor do patrimonio ligado ao mar.
  • Coñecer experiencias innovadoras ligadas ás actividades turísticas.
  • Identificar as claves dunha estratéxica turística innovadora que pivote sobre o aproveitamento sostible dos recursos mariños, unha gastronomía de calidade, a recuperación do patrimonio cultural.

Este curso está dirixido a:

1.Responsables e persoal das empresas de restauración e servizos turí­sticos.

2. Profesionais do turismo e desenvolvemento, medio ambiente, educadores ambientais e xestores dos recursos naturais.

3.  Emprendedores interesados en poñer en marcha unha iniciativa emprendedora ligada ao aproveitamento dos recursos mariños e do litoral.

4.Persoal do sector do mar e das confraí­as.

5.Outras persoas interesadas.

PROGRAMA:file:///C:/Users/monica.rodriguez/Desktop/programa_curso_mar_gastronomia_v2.pdf

O prazo para inscribirse rematará o mércores 20 de setembro ás 15 horas  (enví­ar os datos a info@marinasbetanzos.gal, ou chamando ao 981 669 541).

 

Agradecemos a difusión desta actividade entre as persoas/entidades que consideres poidan estar interesadas

Leave a Comment