Hosting por dinahosting.

OBRADOIRO DE INFRAESTRUTURA VERDE DA ÁREA DA CORUÑA NO CONCELLO DE CULLEREDO

O próximo xoves 1 de marzo, ás 18:30 h., na Casa da Concello de Culleredono Salon de Actos, desenvolverase un taller de participación aberto a todas aquelas persoas e entidades interesadas. Buscando recoller e integrar as ideas, opinións e propostas da poboación nesta estratexia

 

O proxecto para o deseño da Infraestrutura Verde da Área da Coruña busca unha ordenación integral deste territorio desde o punto de vista ambiental, definindo as zonas naturais que protexerán a biodiversidade e promoverán os beneficios que a natureza ofrece aos seres vivos (purificación da auga e do aire, almacenamento de carbono, fertilidade do chan, contención de inundacións, provisións de alimentos, etc.)

 

Esta iniciativa na que están a traballar a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Fundación Juana de Vega, o Instituto Tecnolóxico de Galicia e a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, marcará as accións de futuro de conservación e promoción das zonas de interese ambiental, ocio de natureza e xestión dos recursos propios desta área, que abarca o concello de Culleredo entre outros.

 

Para máis información consultar a páxina web www.infraestruturaverdecoruna.gal, ou mandar un correo electrónico a info@marinasbetanzos.gal ou a info@infraestruturaverdecoruna.gal.

PINCHA AQUÍ:

04_Cartel_taller_Culleredo_1mar

Leave a Comment