Hosting por dinahosting.

A Reserva de Biosfera estrea marca de calidade

 

A Reserva de Biosfera As Mariñas Betanzos estreou marca de calidade. A responsable de Ecoloxía e Biodiversidade da Unesco, María Rosa Cárdenas, foi a encargada de entregar os tres primeiros certificados oficiais ás empresas Orballo, Daterra e A Castrexa. A Reserva destaca que se trata de “un fito a nivel de España pero tamén mundial”, dado que é “a primeira reserva do planeta en ter estes certificados”. O acto celebrouse na sede de Orballo o 7 de xuño, en Paderne, e completouse cunha mostra de produtos autóctonos.

 

Leave a Comment