Hosting por dinahosting.

MARATÓN ORNITOLÓXICA

O pasado sábado 26 de maio celebrouse a V Maratón Ornitolóxica Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”. Esta actividade lúdica consistiu en identificar por equipos o maior número posible de especies de aves silvestres dentro dos municipios da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, durante un máximo de 18 horas.

Malia previsión meteorolóxica, que deparaba unha xornada acompañada de choivas, 30 observadores animáronse a descubrir a riqueza ornitolóxica da nosa contorna, nun total de 8 equipos participantes. O equipo gañador foi o Equipo número 3, composto por Carla Soaje, Emma Fernández e Daniel Monteagudo, cunha abraiante cifra de 77 especies avistadas e 95 puntos en total.

Xa se poden consultar na web do Grupo Naturalista Hábitat os resultados.

Leave a Comment