Hosting por dinahosting.

A ASOCIACIÓN MARIÑAS-BETANZOS APROBA DIVERSOS PROXECTOS LEADER A PERSOAS EMPRENDEDORAS

O importe de axudas a proxectos produtivos, aprobado pola Asociación Mariñas-Betanzos para as anualidades 2018 e 2019, ascende a 403.644,01 euros.

A Xunta Directiva da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, na súa reunión do 10 de setembro, ten acordado aprobar o financiamento de diferentes proxectos produtivos, a través da Medida LEADER 2014-2020.

A Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos é unha entidade colaboradora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), da Consellería do Medio Rural, na xestión e execución da Medida LEADER 2014-2020, e que conta con fondos europeos FEADER do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia.

A posta en marcha dalgunha destas iniciativas emprendedoras e proxectos tamén é froito do convenio de colaboración entre a Asociación Mariñas-Betanzos e a Deputación da Coruña, a través do cal se ten desenvolvido o Programa “Emprende na Biosfera”, e que tiña como obxectivo a posta en marcha de iniciativas emprendedoras na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Os proxectos aprobados para o seu financiamento, son:

 

CREACIÓN DE EMPRESA DE ENXEÑARÍA E CARTOGRAFÍA, noconcello de Abegondo.

Proxecto promovido pola entidade Núcleo Galicia, S.L.L, consistente na creación dunha empresa de enxeñaría de topografía e cartografía, e conformada por tres socios. Esta nova empresa situarase na vangarda dun sector altamente tecnolóxico e especializando, e tendo como finalidade a prestación de servizos de topografía, tanto a nivel nacional como internacional.

Os investimentos desta iniciativa ascenden a: 114.264,00 €, e contará cunha axuda de 57.132,00 €. Con este proxecto créanse 2 empregos.

 

VIVENDA COMUNITARIA DO MAR COSTA DOCE, no concello de Sada.

Este proxecto, promovido por unha muller, consiste na creación dunha vivenda comunitaria innovadora, cun servizo persoalizado e de calidade, converténdose na primeira en poñerse en marcha no concello de Sada.  Esta vivenda acollerá un réxime de convivencia cuasi familiar a 12 persoas maiores.

Os investimentos desta iniciativa ascenden a 269.203,71 €, e contará cunha axuda de 130.000,00 €. A través deste proxecto crearanse 4 empregos de mulleres.

 

LABORATORIO INTEGRADO PARA A PRODUCIÓNS DE EMBRIÓNS DE BOVINO, en Bergondo.

A entidade, Embriovet, S.L. promove este proxecto consistente na creación dun laboratorio integrado de producción de embrións bovino invivo e invitro que dará servizo principalmente ao sector gandeiro, pero tamén a laboratorios farmacéuticos veterinarios e organismos dedicados á promoción da gandería bovina de leite e carne.

Este proxecto, pioneiro en Galicia, está dirixido a mellorar a xenética das explotacións, levar a cabo programas de mellora xenética con cooperativas, asociacións, empresas e banco de embrións terapéuticos.

Os investimentos desta iniciativa ascenden a 282.537,92 €, e conta cunha axuda de 130.000,00 €. Con este proxecto consolídanse 2,5 empregos e créanse 2 novos empregos.

 

PROXECTO TURÍSTICO TÉ DE GALICIA, no concello de Paderne.

Este proxecto, promovido por Orballo Innovaciones Forestales S.L., consiste na adecuación dun espazo dirixido á recepción de visitantes no que se ofrecerán diferentes catas de produtos a fin de que os visitantes poidan comprender a complexidade do té. Ofrecerase unha experiencia completa e única, apoiada nos cinco sentidos na que os visitantes poderán achegarse á cultura do té. Esta iniciativa é única en Galicia e na Europa continental.

Os investimentos ascenden a 65.195,31 €, e conta cunha axuda de 29.435,68 €. Con este proxecto consolídanse 2,5 empregos, ademais de crear 2 novos postos de traballo.

 

AMPLIACIÓN DE SERVIZOS DE REHABILITACIÓN INTEGRAL A PACIENTES NEUROLÓXICOS, en Culleredo.

Cefine Neuroloxía S.L. promove este proxecto dirixido a ampliar os servizos de rehabilitación integral a pacientes neurolóxicos. Ofertaranse novos servizos innovadores e de calidade, non existente actualmente neste municipio.

O investimento total ascende a 123.819,97 €, e contará cunha axuda de 51.137,65 €. Co desenvolvemento deste proxecto consolidaranse 14 empregos, ademais de crear 2 novos empregos entre persoas mozas.

 

AMPLIACIÓN DO SERVIZO DE XARDINERÍA E LIMPEZA VIARIA, no concello de Arteixo.

Este proxecto é promovido por un mozo menor de 40 anos e consistirá na ampliación dos servizos que presta actualmente, dando resposta a novas demandas no ámbito da xardinería e limpeza viaria.

Os investimentos desta iniciativa ascenden a 179.500,00 €, e contará cunha axuda de 73.505,25 €. Actualmente atópase en reserva parcial, estando pendente liberar 67.566,67 €. Este proxecto vai a servir para consolidar 6 postos de traballo, e crear 1,5 empregos entre colectivos desfavorecidos.

Leave a Comment