Xornada Técnica “Enoloxía para adegueiros”
A Oficina Agraria Comarcal de Betanzos, dependente da Consellería do Medio Rural, en colaboración coa Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (wwww.marinasbetanzos.gal) organiza unha Xornada Técnica sobre “ENOLOXÍA PARA ADEGUEIROS”, que se desenvolverá o vindeiro 27 de Novembro.
Esta actividade está enmarcada no Plan de Formación ao Agro Galego 2020, impulsado pola Consellería do Medio Rural, co obxectivo de apoiar e promover a competitividade do sector agrario en Galicia.
Contidos da xornada:
- Defectos, alteracións e enfermidades nos viños.
- Factores que afecta á calidade dos viños.
- Estratexias para a mellora dos viños.
- Accións para o futuro e a mellora na comercialización.
Persoas destinatarias:
- Viticultores/as e adegueiros/as en activo
- Persoas con solicitude de incorporación á actividade agraria.
- Persoas en idade laboral e menores de 60 anos con expectativas de incorporación ao sector primario.
Horario:
- De 10.00 a 14.00 horas
Duración: 4 horas
Imparte:
- Luis Quinteiro González
Lugar de realización:
- Aula Multimedia do Concello de Abegondo (San Marcos. Abegondo) (Localizador: https://goo.gl/maps/hnJnCczH1ET2DXUX7)
Inscrición:
As solicitudes deberán ser presentadas pola persoa interesada en participar no curso, preferentemente na Oficina Agraria Comarcal Betanzos, empregando o seguinte formulario:
As solicitudes presentaranse en:
- Se poderá enviar o formulario de inscrición aos seguintes CORREOS ELECTRÓNICOS: oac.seca.betanzos@xunta.gal; diego.miranda@marinasbetanzos.gal
- SEDE ELECTRÓNICA (preferentemente), a través do procedemento PR004A: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A&ano=2017&numpub=1&lang=es
PINCHA AQUÍ PARA VER O CARTEL:cartel_curso_enoloxia