O 29 de outubro de 2019, constitúese a Asociación de Ecoturismo da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Trátase dunha asociación privada sen ánimo de lucro, que exerce as súas actividades fundamentalmente no ámbito da provincia da Coruña.
Sendo os fins desta asociación os que se enumeran a continuación:
Fomento dun modelo de turismo respectuoso nun territorio declarado pola UNESCO como Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, tendo especial preferencia polo modelo de ecoturismo.
Vertebrar ao sector turístico e constituír un foro de debate continuo sobre as diferentes problemáticas do sector.
Potenciar, revalorizar e preservar os recursos turísticos da zona, con especial adicación aos ligados coa natureza.
Conseguir articular unha dinámica de participación que facilite o desenvolvemento dun modelo de ecoturismo no territorio.
A promoción e mellora das condicións dos produtos turísticos, así como a súa calidade.
Potenciar, revalorizar e preservar os recursos naturais e culturais, en especial recuperando os camiños históricos e os itinerarios xacobeos do Camiños de Santiago.
Promover a Reserva de Biosfera, e a filosofía Slow Food coma Comunidade Slow Food Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, dentro do ámbito xeográfico que compoña a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
A súa dirección de correo electrónico é a seguinte: restaurantesdabiosfera@gmail.com
Se desexa contactar con nós pode usar o seguinte formulario de contacto:
Esta web usa cookies para mellorar a experiencia de uso. Pregámoslle que acepte o uso de cookies para poder seguir mellorando na experiencia de usuario.AceptoPolítica de cookies