Hosting por dinahosting.

Axudas Constitución

DESEÑO DE FERRAMENTAS PARA MINIMIZAR O IMPACTO SOBRE O MEDIO NATURAL NAS APLICACIÓNS DE XURRO DE EXPLOTACIÓNS DE PORCINO.

Enlace: Agriculture and rural development > Financing the Common Agricultural Policy (FEADER)

Expte : CGO/2016/121

Descrición da iniciativa do proxecto:

O importante crecemento experimentado polo sector porcino nos derradeiros anos, levou a intensificación dos sistemas de produción e a mellorar o rendemento no produto final. Sen embargo, este proceso de intensificación da produción tivo como contrapartida o aumento dos nos subprodutos xerados, coma son xurros e as augas de limpeza da explotación, que non son de utilidade nas mesmas e cuxo postprocesado supon un alto custo para a explotación, como consecuencia, os xurros son vertidos frecuentemente de maneira irregular e sen cumprir unhas normas básicas de seguridade, ocasionando un importante impacto medioambiental.

Para poderen solventar este problema e mitigar o impacto sobre o medio natural e augas subterráneas nas zonas próximas as explotacións de gando porcino, esta iniciativa trata de buscar solucións nas explotacións de porcino para mellorar o manexo dos subprodutos xerados nas mesmas.

A través desta iniciativa, caracterizanse os principais factores que conducen a mala praxis nestas explotacións para o posterior deseño de métodos de optimización dos procesos de obteción e postprocesado dos xurros. Ademáis deseñarase unha aplicación six que conteña a información sobre a ordenación de usos e actividades no territorio para axudar a informar de forma eficiente coordinada ás autorizacións e demáis controis legais pertinentes que sexan da súa respetiva competencia. Deste xeito, as explotacións de gando porcino poderán mellorar a súa eficiencia, reducir os custos e o seu impacto medioambiental, adaptándose así a nova normativa sobre xestión de residuos que en breve se aplicará para este tipo de explotacións produtivas.

O obxeto final desta proposta é a de forma un grupo operativo cos actores idóneos e relevantes en materia de xestión de xurros, tanto desde o punto de vista dos gandeiros, técnicos responsables competentes da administración autonómica medioambiental, de medio rural, etc. Así como na administración local con competencias na materia.

SOCIOS PARA A CREACIÓN DUN GRUPO OPERATIVO DE INNOVACIÓN PARA O “Deseño de ferramentas para minimizar o impacto sobre o medio natural nas aplicacións de xurro de explotacións de porcino”.

  • A.D.R “MARIÑAS-BETANZOS”
  • INSITUTO GALEGO DE CALIDADE ALIMENTARIA
  • UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
  • CONCELLO DE ABEGONDO

DESEÑO DUNHA FERRAMENTA CON BASE ÁS NOVAS TECNOLOXÍAS PARA A TRANFERENCIA DE RESULTADOS DE I+D+I NO SECTOR LÁCTEO.

Enlace: Agriculture and rural development > Financing the Common Agricultural Policy (FEADER)

Expte: CGO/2016/117

Descrición da iniciativa do proxecto:

O obxectivo último do grupo operativo é mellorar a competitividade das explotacións lácteas en zonas desfavorecidas; fomentando a transformación na propia granxa en pequenas industrias locais; mellorando a achega das innovacións e novas solucións ao sector; difundindo procesos de transformación de produtos lácteos que sexan técnica e economicamente viables nestas circunstancias. Para este obxectivo deseñarase unha ferramenta con base nas novas tecnoloxías para achegar a innovación ao sector e falicitar a posta no mercado.

Esta ferramenta permitirá o traballo en rede de produtores con investigadores (de universidades e centros tecnolóxicos) que traballen no sector lácteo, achegando resultados da investigación e servindo de estímulo para a diversificación. Na ferramenta tamén poderán participar os axentes que están en contacto coas granxas, como son as oficinas agrarias comarcais, os grupos de desenvolvemento rural, as cooperativas, ligal, asesores e outros axentes (subministradores de inputs, como aditivos, cuallos, cultivos…).

A rede compartirá información técnica, que sexa entendible e asimilabe polas granxas, e este será o seu maior valor engadido, moita xente compartindo información temática orientada á diversificación do sector lácteo galego.

A información será tamén útil para dinamizar proxectos de mellora no medio rural por parte dos axentes dinamizadores. Incluirá información sobre a transformación do leite así como sobre distribución, con criterios de calidade da materia prima, produto final, control de procesos e requisitos de trazabilidade. Así mesmo, irá acompañada dun área na que se poderá facer unha avaliación económica dos investimentos a realizar nunha mellora. Incluirán se vídeos, tutoriais , así como referencias bibliográficas para afondar nos distintos temas.

En canto aos procesos a analizar, un condicionante fundamental en zonas desfavorecidas é a comercialización. Case todos os produtos lácteos esixen cadea de frío, salvo que se opte por un procesado térmico posterior ao envasado (o envasado aséptico normalmente esta descartado). O máis sinxelo, por vida útil e equipamento, son os queixos, nos que hai moitas posibilidades de diferenciación e personalización, de maneira que se poida evitar competir cos queixos que xa están no mercado.

Os iogures tamén so produtos que teñen moitas posibilidades, nos que sen moita complicación pódense facer bos produtos. As liñas de iogures para beber, ou mesturas de iogur e froita tipo smoothie son derivados destas liñas. A ferramenta permitirá tranferir toda esta información, así como unha gama de produtos lácteos de sobremesa  e calidade diferenciada, cunha imaxe moi coidada. Algúns deles poderían ser elaborados e envasados, para finalmente ser esterilizados nun autoclave.

A ferrramenta permitirá acceder a novas liñas de produción, dentro da lóxica das pequenas explotacións do rural: a venda de leite pasteurizada é moi sinxela pero en principio o seu interese limitado polo pequeno consumo en españa, aínda que hai exemplos de pasteurización na propia granxa que funcionan ben. Outras posibilidades como as manteigas ou os batidos son máis difíciles aínda de defender desde un punto de vista comercial. Aínda que tamén presenta limitacións, neste caso de proceso, tamén debe ser analizada a aplicación de técnicas de ultrafiltración para concentrar o leite na explotación, e elaborar leites a medida de consumidores industriais abaratando os custos de distribución.

Para minimizar os problemas de maiores custos de operación e distribución, pode recorrerse ao uso compartido de recursos por varios gandeiros, ou a maquilas realizadas por pequenas industrias de produtos coa marca da gandería.

SOCIOS PARA A CREACIÓN DUN GRUPO OPERATIVO DE INNOVACIÓN PARA O “Deseño dunha ferramenta con base ás novas tecnoloxías para transferencia de resultados de I+D+I no sector lácteo”.

  • ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL “MARIÑAS-BETANZOS”
  • ASOCIACIÓN “EUROEUME”
  • UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
  • CUSOVIAME S.C.G.
  • FUNDACIÓN JUANA DE VEGA