Hosting por dinahosting.

Programa de Seguimento Fenolóxico

En que consiste?

Evaluar a través da recollida de datos fenolóxicos, os efectos do cambio climático no territorio das 6 Reservas de Biosfera de Galicia, involucrando no seu desenvolvemento ós diferentes sectores da sociedade: xestores, técnicos, profesores, escolares, agricultores, gandeiros, entidades medioambientais e público en xeral, todo esto a través dunha plataforma web aberta a toda a cidadanía.

Na actual proposta traballarase especificamente coa comunidade escolar, seleccionando varios centros no territorio das Reservas de Biosfera galegas; en concreto, cada Reserva de Biosfera seleccionará dous centros educativos no seu territorio para a execución deste proxecto.

As idades dos alumnos estarán comprendidas entre os 11 e os 16 anos, é dicir, dende 6º de Primaria a 4º da E.S.O.

Obxectivos

  • Posta en marcha dun proxecto de participación e sensibilización sobre o Cambio Climático nas 6 Reservas de Biosfera de Galicia, en centros de ensino.
  • Contribuir á conservación e ó coñecemento da biodiversidade nas Reservas de Biosfera galegas a través dun Programa de Participación Ambiental para o seguimento fenolóxico de especies indicadoras de flora e fauna.
  • Evaluación dentro da Rede Española de Reservas de Biosfera, a través de estudos fenolóxicos dos efectos do cambio climático.
  • Concienciar sobre os fenómenos ambientais que están afectando ó planeta e a súa repercusión sobre a biodiversidade, concienciando hacia un cambio de hábitos no uso racional e sostible dos recursos.
  • Introdución dos datos nunha ferramenta web sinxela, manexable e aberta a tódolos participantes.