Hosting por dinahosting.

Comité Científico

Comité Científico

 

OComité Científico é un órgano consultivo que ten entre os seus obxectivos identificar e formular propostas, así como asistir á toma de decisións do Consello de Dirección da Reserva de Biosfera e ao Comité Executivo. Este órgano consultivo proverá de información e análise, para validar a toma de decisións en canto á xestión da Reserva da Biosfera e sobre o grao de cumprimento dos seus obxectivos.

Serán funcións do Comité Científico:

  • Identificar as actividades de investigación e experimentación de interese para a Reserva da Biosfera.
  • Formular propostas para o financiamento de actividades de investigación e experimentación.
  • Desenvolvemento de actividades de investigación e experimentación, así como o seu seguimento e avaliación.
  • Asesorar na elaboración e posta en marcha dos Plans de Acción da Reserva da Biosfera.
  • Propoñer e/ou executar estudos e investigacións no ámbito da Reserva da Biosfera, enmarcados nos principios de Conservación, Desenvolvemento Sostible e Educación Ambiental.

 

Composición do Comité Científico:

  • Poderán ser membros do Comité Científico aqueles especialistas que fosen propostos ben polo Consello de Dirección, ou ben por iniciativa das entidades da Comunidade Autónoma de Galicia que desenvolvan actividades de I+D+i coherentes cos obxectivos das Reservas da Biosfera.
  • Os membros do Comité Científico serán persoas de recoñecida solvencia adscritos a Universidades, Centros de Investigación e Centros de Transferencia Tecnolóxica, ou calquera outra entidade de carácter científico relacionada cos obxectivos da Reserva da Biosfera e acordes coas funcións establecidas para o propio Comité.
  • A inclusión dos membros do Comité Científico deberá ser aprobada polo Consello de Dirección, e contarán coa autorización das entidades ás que pertencen.
  • A participación no Comité Científico non derivará en emolumentos.
  •  

 Os membros do Comité Científico se agruparan en 3 grandes áreas e cada unha terá un coordinador , nomeado polo Consello de Dirección:

1.Área de Conservación, composta por especialistas en Biodiversidade, Custodia do territorio , Auga, Bosques , Medio Mariño e Litoral, Paisaxe e Xeoloxía, entre outros que se consideren de interese.

2.Área de Desenvolvemento Sostible, composta por especialistas en Ordeación do Territorio e Infraestruturas, Agricultura, Gandería e Xestión forestal, Pesca e Marisqueo, Turismo, Economía e Desenvolvemento Local, Enerxías Renovables , Sostibilidade e Residuos, entre outros que se considere de interese.

3.Área de Apoio Loxístico, composta por especialistas en Investigación e Observación, Formación e Capacitación, Educación Ambiental e Comunicación, entre outros que se considere de interese.

Membros do Comité Científico

  • D.Jerónimo Puertas Agudo. Universidade da Coruña. Área de hidráulica de canais e ríos.
  • D.Juan Castro Ínsua. Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo.
  • D.Carlos Vales Vázquez. Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).
  • D.Pablo Ramil Rego. Universidade de Santiago de Compostela. Área Biodiversidade.
  • D.Venancio Salcines Cristal. Escola de Finanzas de A Coruña.
  • D.Enrique Saéz Ponte. Fundación Juana de Vega.
  • D.Francisco Díaz-Fierros Viqueira. Universidade de Santiago de Compostela. Área de Edafoloxía.
  • D.Andrés Precedo Ledo. Universidade de Santiago de Compostela. Área de Xeografía. 
  • D.Francisco Javier Sanz Larruga. Universidade de A Coruña. Área de Dereito Ambiental. 
  • Dna.Antía Pérez Caramés. Universidade de A Coruña. Facultade de Socioloxía. 
  • Dna.Ángeles Romero Rodríguez. Universidade de Santiago. Área Tecnoloxía dos Alimentos
  • D.Darío Prada Rodríguez. Universidade da Coruña. Instituto Universitario de Medio Ambiente.
  • D.Alfredo Erias Martínez.  Museo das Mariñas.
  • Dna.Isabel Aguirre de Urcola.  Escola Galega de Paisaxe.
  • D.Pedro Calaza Martínez.  Colexio de Agronómos da Coruña.
  • Dna.Elvira Sahuquillo Balbunea. Universidade de A Coruña. Área de Botánica.
  • Dna.Marta Rey García. Universidade de A Coruña. Cátedra Inditex Responsabilidade Social.