Hosting por dinahosting.

Comité de Participación

Comité de Participación

 

O

Comité de Participación é o órgano consultivo creado con o obxectivo de asegurar a “Xestión Participativa”. Formará parte del os diferentes axentes privados interesados en participar activamente na consecución dos obxectivos da Reserva da Biosfera. As incorporacións a este Comité de Participación precisarán da solicitude motivada dirixida ao Presidente do Órgano de Xestión da Reserva da Biosfera, que a trasladará ao Consello de Dirección para a súa incorporación.

As funcións do Consello de Participación son:

  • Promover e garantir a participación dos axentes locais implicados e interesados na xestión e no desenvolvemento sostible da Reserva da Biosfera, así como articula os procesos de toma de decisións de “abaixo – arriba”.
  • Constituír un foro de debate e facilitar a interacción da poboación con as administracións, no marco da conservación ambiental e o desenvolvemento sostible.
  • Participar na elaboración e posta en marcha dos Plans de acción da Reserva.
  • Fomentar o voluntariado e dinamizar o tecido socioeconómico.
  • Seguemento do logro dos obxectivos anuais.
  • Recoller as propostas dos seus membros có obxectivo de mellorar a xestión da Reserva da Biosfera.
  • Supervisar as actuacións levadas a cabo e o seu desenvolvemento.

Os seus membros se reunirán como mínimo cada ano estará formado por representantes de:

  • As entidades conservacionistas que desenvolvan actividades no territorio.
  • As entidades de Custodia que desenvolvan actividades no territorio.
  • Entidades de Educación Ambiental.
  • As ONG’s e entidades de voluntariado ambiental.
  • As organizacións agrarias e do sector forestal.
  • As entidades do sector da pesca e do marisqueo.
  • As organizacións sindicais.
  • As organizacións empresariais.
  • As empresas e axentes do sector turístico.
  • As entidades culturais e veciñais.
  • As asociacións de caza e pesca.
  • As asociacións de persoas con discapacidade.
  • As asociacións xuvenís, de mulleres e maiores.
  • O sector das enerxías renovables e da xestión de residuos.
  • As organizacións con programas de Responsabilidade Social.
  • Calquera outra entidade relacionado con os obxectivos da Reserva.
  •  

Entidades a participar no Comité de participación.

ENTIDADE REPRESENTANTE
Autoridade Portuaria de A Coruña Andrés Guerra Sierra
GADISA Roberto Tojeiro Rodríguez
Fundación Santiago Rey Jose Francisco Sánchez
Fundación Juana de Vega Enrique Sáez Ponte
Grupo Proinsa Dolores Fernández López
Edar Bens Carlos Lamora Suárez
Asociación Vedoreira José Francisco Castro Vilariño
Panadería da Cunha Manuel Da Cunha Pereira

Considérase que dada a realidade territorial da nosa Reserva, as empresas deben xogar un papel clave, e poderían ter o seu lugar para participar e involucrarse a través de este Comité de Participación.