Ligazón: Agriculture and rural development > Financing the Common Agricultural Policy (FEADER)
A aparición de resistencias a antibióticos, vencellado ao seu uso inadecuado na producción animal, obriga aos produtores de carne a buscar novas estratexias orientadas a producir alimentos que minimicen calqueira risco para a saúde pública.
A mellora das condicións de manexo, bioseguridade, alimentación e benestar dos animais na granxa pode contribuír a estes fin, xa que permite obter unha melloría do estatus sanitario dos animais e contribuír a un uso máis racional dos medicamentos veterinarios.
As consecuencias indirectas da resistencia aos antibióticos repercuten en gran medida na saúde das persoas, e teñen amplos efectos tanto na economía a nivel global como local, con perdas debidas á menor produtividade por mor das enfermidades sofridas polos animais e ao incremento do custo dos tratamentos.
Galicia posúe un millón de cabezas de porcino, das cales unhas 380.000 corresponden a animais de cebo (MAGRAMA, 2016); en canto a toneladas de carne producidas, o sector porcino ocupa o terceiro lugar, por detrás dos sectores avícola e vacún (Xunta de Galicia, 2017).
Este nivel de produción é consecuencia dun alto grao de intensificación, que arrastra problemas como a mortalidade en animais novos, a tensión (Manteca, 2011) e a facilidade de propagación de enfermidades nas piaras. A relaxación no emprego de prácticas hixiénicas axeitadas deu lugar a que a medida máis frecuente para solucionar estes problemas fose a utilización de antibióticos.
Para avanzar solución a esta problemática e mitigar o impacto na saúde animal e humana, realizaranse diversos ensaios, en colaboración con produtores de porcino locais (COPORC, S.C.G.) e baseados na alimentación e no manexo dos animais na fase de cebo, para a adaptación do sistema de produción fronte ás novas esixencias legais, encamiñadas a unha redución do uso de antibióticos na alimentación animal, o que permitirá obter unha carne cunha calidade diferencial producida “sen antibióticos”.
O obxectivo final deste proxecto será a eliminación da adición de antibióticos na dieta de animais de porcino en ciclo industrial, nos derradeiros tres meses de vida. Para conseguir isto será necesario:
Durante este proceso, levarase a cabo un seguimento en diferentes explotacións de gando porcino, nos que se probará a supresión de antibióticos durante a fase de cebo, combinando unha mellora na bioseguridade das granxas e unha mellora a nivel xeral do manexo, seguindo catro grandes pautas:
Identificaranse as mellores pautas co fin de extrapolalas e difundilas no sector produtivo, levando a cabo accións de transferencia e asesoramento dentro deste sector. Os animais que formen parte do estudo serán controlados de maneira periódica mediante diversas analíticas, para comprobar que non se lles subministra antibiótico de xeito preventivo e xeralizado. Todo animal ao que se lle teña que administrar antibiótico será retirado do ensaio.
Se os resultados son satisfactorios, tratarase de ampliar o tempo de supresión dos antibióticos, ata reducir o máximo posible o seu uso na cría de porcino.
DESCARGA AQUÍ O FOLLETO INFORMATIVO SOBRE A REDUCIÓN DA ADICIÓN DE ANTIBIÓTICOS
FOLLETO
“GUÍA PARA A REDUCIÓN DE ANTIBIÓTICOS NA DIETA DE PORCINO EN CICLO INDUSTRIAL”. Elaborada como parte das accións realizadas dentro do Proxecto FEADER 2018/001B
Esta guía non pretende abordar en profundidade aspectos sanitarios do gando porcino, tan só ofrecer unha visión lóxica dos principais aspectos prácticos a considerar para controlar o estado sanitario nunha granxa porcina comercial. Para iso requírese valorar e controlar as enfermidades existentes e previr a introdución de enfermidades novas. Na maioría das situacións non se tratará tanto de manter a granxa libre de patóxenos como coñecer con cales deles se convive nun momento determinado, que repercusións teñen sobre a produción e evitar o uso indebido de antibióticos.
DESCARGA AQUÍ A “GUÍA PARA A REDUCIÓN DE ANTIBIÓTICOS NA DIETA DE PORCINO EN CICLO INDUSTRIAL”
GUÍA