Slow Food aspira a un mundo no que todos podamos acceder e gozar dunha comida boa para nós, para quen a produce e para o planeta.
A súa filosofía oponse á estandarización do gusto e da cultura e ao poder ilimitado das multinacionais da industria alimentaria e a agricultura industrial.
O seu labor baséase nunha noción de calidade dos alimentos definida por tres principios interrelacionados: bos, limpos e xustos.
BO: Alimentación saborosa e fresca de tempada que satisfaga os sentidos e forme parte da cultura local.
LIMPO: Produción e consumo de alimentos que non prexudiquen o medio ambiente, o benestar animal ou a saúde humana.
XUSTO: Prezos accesibles para os consumidores e xustas retribucións para os produtores.
Neste senso, e considerando que os obxectivos de Slow Food son acordes cos valores das Reservas de Biosfera e da nosa Marca de Calidade, favoreceuse a creación da Comunidade Slow Food Mariñas Coruñesas, que permitirá mellorar o posicionamento e proxección internacional das empresas de restauración adheridas á nosa Marca de Calidade.
Esta web usa cookies para mellorar a experiencia de uso. Pregámoslle que acepte o uso de cookies para poder seguir mellorando na experiencia de usuario.AceptoPolítica de cookies