Hosting por dinahosting.

Consello Dirección

Consello Dirección

 

As funcións do Consello de Dirección serán:

  • Promover, elaborar e aprobar a execución do Plan Acción da Reserva de Biosfera.
  • Analizar os condicionamentos económicos e sociais, tanto internos coma externos, da Reserva de Biosfera.
  • Identificar as oportunidades que se abren para a Reserva de Biosfera, e posibles liñas de actuación.
  • Velar polo cumpro dos obxectivos anuais do Plan de Acción.
  • Aprobar as actuacións a levar a cabo no marco do Plan de Acción da Reserva de Biosfera.
  • Aprobar os presupostos para a Reserva de Biosfera.
  • Vixiar que a xestión económica se faga de acordo aos presupostos aprobados.

Este Consello reunirá como mínimo unha vez cada ano, e estará formado por:

  • A Presidencia da Asociación Mariñas-Betanzos.
  • A Vicepresidencia da Asociación Mariñas-Betanzos
  • 1 representante de cada un dos Concellos que conforman a Reserva de Biosfera, caso de non estar xa representados e través da Presidencia e/ou Vicepresidencia.
  • 8 representantes das entidades sociais e económicas da Asociación “Mariñas-Betanzos”
  • 4 representantes da Xunta de Galicia (Consellarías con competencias en materia de Conservación da Natureza, Ordenación do Territorio e Paisaxe, Agricultura e Desenvolvemento Rural, así como Pesca e Medio Mariño).
  • 4 representantes da Deputación da Coruña.
  • 1 representante do Consorcio Das mariñas.
  • 1 representante do Ministerio con competencias en materia de Costas.
  • 1 representante das Entidades de Custodia que están a desenvolver a súa actividade no territorio.
  • 2 representantes do Comité Científico da Reserva de Biosfera.
  • 1 representante do Comité MaB de España.
  • 2 representantes do Comité de Participación.
  • O Xestor da Reserva de Biosfera “Mariñas coruñesas e Terras do Mandeo”.

O día 18 de xuño de 2013, foi constituído o Consello de Dirección quedando configurado do seguinte xeito:

Presidencia Presidencia Asociación Mariñas-Betanzos(Concello de Abegondo)
Vicepresidencia Vicepresidencia Asociación Mariñas-Betanzos(Concello de Paderne)
Xestor Xerente da Medida Leader Mariñas-Betanzos
Concellos Concello de Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Miño, Irixoa, Oleiros, Oza-Cesuras, Sada e Sobrado.
Asociacións de empresarios multisectoriais Federación de Asociaciones Empresariales de As Mariñas.
Colectivos medioambientais e mozos Grupo Naturalista Hábitat
Asociacións deportivas, recreativas, de veciños, culturais e ANPAS Asociación Vedoreira
Asociación Roxín Roxal (elixir 1 representante)
Colectivos de acción social, discapacidade e ONGD ASPACE
ASPANAES (elixir 1 representante)
Asociacións e colectivos de mulleres AMFAR Cambre
Pesca, Marisqueo e Acuicultura GALP Golfo Ártabro Sur
Sector Turismo Hostalería Asociación de Turismo Sostible de A Coruña
Sector Agrario, Gandeiro e Cooperativo Asociación Sectorial de Viticultores e Adegueiros de Betanzos e Comarca
Xunta de Galicia Director Xeral de Patrimonio Natural. Consellería Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
Xefe do Servizo de Patrimonio Natural (A Coruña). Conselleria Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
Director Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. Consellería do Medio Rural.
Xefe Territorial Consellería do Mar (A Coruña). Consellería do Mar.
Deputación Provincial A Coruña D.Xosé Regueira Varela
Dna.Ánxela Franxo Pouso
D.Bernardo Fernández Piñeiro
D.José Manuel Pequeño Castro.
Consorcio As Mariñas Xerente do Consorcio As Mariñas
Ministerio (con competencia en materia de costas) Director Demarcación de Costas de Galicia
Entidades Custodia do Territorio Fundación Fragas do Mandeo
Comité científico da Reserva de Biosfera D.Jerónimo Puertas Agudo. Universidade da Coruña
D.Juan Fernando Castro Insua. Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo.
D.Carlos Vales Vázquez. Ceida.
Comité Español Programa MaB D.Pablo Ramil Rego. Universidade Santiago de Compostela
Comité de participación da Reserva de Biosfera Autoridade Portuaria de A Coruña; GADISA; Fundación Santiago Rey; Fundación Juana de Vega; Grupo Proinsa; EDAR Bens; Panadería da Cunha; Asociación vedoreira(elixir 2 representantes)