Cusoviame, S. C. G., conta con 530 socios, en 11 concellos das provincias de A Coruña e Lugo (Aranga, Curtis, Guitiriz, Irixoa, Mesía, Monfero, Oza-Cesuras, Paderne, Sobrado, Toques e Vilasantar). Estas explotacións gandeiras con orientación tanto cárnica como leiteira, están comprobando como nos últimos tempos o seu marxe de beneficio se reduce e os custos da produción superan moitas veces os ingresos recibidos.
Cusoviame é unha Sociedade Cooperativa Galega que ten por obxecto a realización de todo tipo de operacións encamiñadas ao mellor aproveitamento das explotacións das súas persoas socias e da cooperativa, e a mellora da poboación agraria e do desenvolvemento do medio rural, así como a atender calquera outro fin ou servizo que sexa propio da actividade agrícola, gandeira ou forestal ou se relacione directamente con ela.
Entre as actividades que desenvolve están:
Comercialización dos produtos procedentes das explotacións agrícolas, gandeiras ou forestais das persoas socias.
Adquisición de animais, materiais primas, instrumentos, maquinaria, adubos, plantas e demais elementos para a produción e fomento agrario, así como instalacións relacionadas coa agricultura, a gandería e os bosques.
Prestación de servizos relacionados coa actividade económica, ás persoas socias da cooperativa.
Calquera outras actividade que sexa necesaria, conveniente ou facilite a mellora económica, técnica, laboral ou ecolóxica da cooperativa ou das explotación das persoas socias.
Os Irmandiños, S.C.G. – CLUN
Os Irmandiños é unha Sociedade Cooperativa Galega que ten por obxecto a realización de actividades e servizos encamiñados a cubrir as necesidades das explotación dos seus socios. A súa misión céntrase en ser unha ferramenta actualizada, que permita aos socios mellorar a súa calidade de vida, mediante o asesoramento multidisciplinar, baseado na análise rigorosa da información que se xera na explotación e nos avances tecnolóxicos que se producen no sector.
Conta con máis de 1.080 persoas socias, en 40 concellos da provincia de Lugo e Asturias.
Entre os diversos servizos que desenvolve están:
Análises (leite, terra, silos, feos, etc.)
Asesoramento e manexo en cultivos
Asesoramento e formación en xenética
Asesoramento e manexo en alimentación
Certificación da explotación
Xestión Técnico-Económica da explotación
Comercialización de gando
Comercialización dos produtos procedentes das explotacións agrícolas, gandeiras ou forestais das persoas socias.
No ano 2016, a Cooperativa Os Irmandiños integrouse na cooperativa de segundo grado “Cooperativas Lácteas Unidas CLUN, Sociedade Cooperativa Galega”, xunto con Feiraco, S.C.G. e Melisanto, S.C.G.
Se desexa contactar con nós pode usar o seguinte formulario de contacto:
Esta web usa cookies para mellorar a experiencia de uso. Pregámoslle que acepte o uso de cookies para poder seguir mellorando na experiencia de usuario.AceptoPolítica de cookies