• Galego
  • Español
  • English

Descrición Reserva de Biosfera

 

A

candidatura a Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” foi promovida pola Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas-Betanzos”, contando co apoio da Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, así como dos dezasete concellos que conforman este territorio.

A aprobación definitiva desta Reserva da Biosfera pola UNESCO, tivo lugar na 25ª Reunión do Consello Internacional de Coordinación do Programa MaB, celebrada en París o día 28 de maio de 2013.

A Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” abrangue un total de 116.724 ha (113.969,7 ha terrestres e 2.754,6 ha mariñas), que representa o 14,33% da superficie da provincia da Coruña, repartidas en 17 concellos. Con esta superficie é a segunda Reserva de Biosfera galega por orde de superficie, sendo a primeira da provincia da Coruña.
Municipios que conforman a Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza -Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado. Poboación (ano 2015): 190.708 habitantes.

OPORTUNIDADES QUE OFRECE A RESERVA DA BIOSFERA:

  • Situar ao territorio “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” no mapa mundial.
  • Dar prestixio ao territorio, ás súas empresas e aos seus produtos.
  • Ampliación dos mercados para os produtos, a través das marcas de calidade.
  • Recuperación das actividades económicas tradicionais.
  • Incentivar e fortalecer as iniciativas ligadas ao turismo sostible.
  • Xerar oportunidades de capacitación e formación.
  • Acadar apoio internacional, estatal e rexional para iniciativas e proxectos ligados ao desenvolvemento sostible e á conservación ambiental.
  • Mellorar a conservación ambiental e a información sobre os recursos naturais.

 

 

logo-mab-unesco

 

 

 

 

 

 

 

 

NATUREZA

O territorio da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo atópase entre ríos, cantís e montañas. Trátase dun territorio sublitoral de 300 metros de altitude media, onde predominan as súas costas, vales e serras enmarcadas polas cuncas dos ríos Mero e  Mandeo.

As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo ocupan unha superficie de 116.724,3 hectáreas totais (113.969,7 ha terrestres e 2.754,6 ha mariñas), repartidas en 17 concellos:

  1. Abegondo
  2. Aranga
  3. Arteixo
  4. Bergondo
  5. Betanzos
  6. Cambre
  7. Carral
  8. Coirós
  9. Culleredo
  10. Curtis
  11. Irixoa
  12. Miño
  13. Oleiros
  14. Oza-Cesuras
  15. Paderne
  16. Sada
  17. Sobrado

Para compatibilizar a mellora ambiental co desenvolvemento social e económico da zona se divide en tres zonas:

 

Zonas Núcleo

Cumplen a función de conservación. Están delimiadas en torno ós lugares da Rede Natura 2000:

  • Costa de Dexo
  • Costa da Morte
  • Betanzos-Mandeo
  • Encoro de Abegondo-Cecebre

Outros espazos de interese local.

Zonas Tampón

Funcionan como áreas de protección da Zona Núcleo, onde se desenvolven aqueles usos e actividades como mostra do desenvolvemento sostible.

Zonas de Transición

Sustentan a maior parte das poboacións e actividades.

Espazos naturais protexidos

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (MCeTM) conta con varios espazos naturais protexidos no seu interior, como Zonas de Especial Conservación (ZEC), Monumentos Naturais e Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN).

As ZEC son:

  • Monumento Natural da Costa de Dexo e Serantes.

  • Costa da Morte.

  • Betanzos-Mandeo.

  • Encoro de Abegondo.

Entre outros moitos lugares de elevado interese ambiental e ecolóxico destaca o Esteiro do  Río Baxoi, a Serra da Cova da Serpe ou as Brañas do Deo.

 

SINAIS DE IDENTIDADE

A historia das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo encóntrase moi vinculada ás súas características xeográficas. A calidade dos solos e o seu clima temperado con influencia mariña, con temperaturas suaves e precipitacións moderadas, así como a súa posición estratéxica nas proximidades da cidade da Coruña, condicionan a agricultura hacia as producións en fresco.

 

Destacan os produtos de horta de excelente calidade: tomates, cebolas e repolos de “Betanzos”; así como produtos do mar (mexillóns de Lorbé ou sardiñas).

Existen ademais produtos tradicionais elaborados artesanalmente, como os queixos ou o pan de Carral, para acompañar cun viño da Terra de Betanzos. Din que axudan a percorrer mellor as sendas: “[…] con pan e viño, faise o camiño”.

Os obxectivos da Reserva diríxense a recuperar, en boa parte, a interrelación do ser humano coa natureza, e dar a coñecer todo o seu patrimonio natural, histórico, cultural, artístico, arqueolóxico, etnográfico e folclore variado, como consecuencia das innumerables culturas.

Os elementos máis antigos foron herdados de culturas megalíticas e castrexas (petroglifos e numerosos castros). A época romana ou o propio Camiño de Santiago, a cultura modernista en Sada ou unha variada arquitectura popular ou civil (pazos, xardíns e parques enciclopédicos como O Pasatempo en Betanzos, ou balnearios de augas con propiedades mineromedicinais, …) son algúns exemplos da enorme riqueza patrimonial que agocha este territorio.

    Se desexa contactar con nós pode usar o seguinte formulario de contacto: