Hosting por dinahosting.

Descrición

AAsociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos” constitúese no mes de xullo do ano 2008 como Grupo de Desenvolvemento Rural coa finalidade de ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos coma privados, interesados en promover o desenvolvemento do territorio de actuación.

A Asociación ten como ámbito de actuación preferente o dos Concellos de Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Cesuras, Coirós, Curtis, Culleredo, Miño, Irixoa, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado  sen prexuízo de que poida estenderse por necesidades operativas dos seus programas e actividades.

A estratexia de desenvolvemento concibida pola Asociación ten como obxectivo final a valorización do territorio, incidindo na mellora da calidade de vida da poboación local a partir da valorización do patrimonio natural, cultural e do fomento da cohesión social.

A Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos dende o ano 2013 e a entidade xestora da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.