• Galego
  • Español
  • English

Destino de Ecoturismo

 

En xaneiro do ano 2020, a Reserva de Biosfera

“Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”

constituíuse como o primeiro Destino de Galicia

certificado de Ecoturismo,

a través do Club de Ecoturismo Estatal.

 

 

 

O Club Ecoturismo en España é unha iniciativa pioneira que ofrece experiencias de ecoturismo en espazos naturais protexidos, garantindo ao viaxeiro a súa contribución ao desenvolvemento local e á conservación da biodiversidade dos espazos que visita e dos servizos turísticos que goza.

 

 

O Club Ecoturismo en España está xestionado pola Asociación de Ecoturismo en España e o seu obxectivo é promocionar os destinos, empresas e experiencias de auténtico ecoturismo, e apoiar a súa comercialización a nivel nacional e internacional; así como tamén prestar apoio técnico, acompañamento e formación ás entidades adheridas ao club.

As empresas de restauración adheridas á Marca da Reserva de Biosfera terán acceso directo a optar pola súa integración no Club de Ecoturismo de España, tras a integración da Reserva como destino de ecoturismo estatal que á súa vez lles permitirá solicitar o distintivo de calidade da marca “Reservas de la Biosfera Españolas”.

A Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” solicitou no ano 2019 a súa adhesión ao Club de Ecoturismo de España. En xaneiro de 2020, certificouse no marco de FITUR a adhesión da Reserva de Biosfera ó Club de Ecoturismo Estatal.

Para máis información consulta a web ‘Soy EcoTurista’

PREME AQUÍ

 
 

 

 

 

    Se desexa contactar con nós pode usar o seguinte formulario de contacto: