• Galego
  • Español
  • English

Educación e investigación

 

 EDUCANDO NA BIOSFERA

Tras a declaración do territorio como Reserva de Biosfera, existía unha inquietude no seo da Reserva de como abordar dun modo integral a educación ambiental neste territorio, sobre como visibilizar dita declaración pola UNESCO e as súas oportunidades entre a poboación, así como trasladar os valores das Reservas de Biosfera á poboación e dala a coñecer, co obxectivo de asegurar a construción dunha Reserva de Biosfera participativa no que a sociedade, e especialmente os mozos, sexan o alicerce básico sobre o que asentarse.

 

 

 

Este programa de actividades a desenvolver coa comunidade escolar, preséntase como unha iniciativa de aprendizaxe non formal en distintos campos, moi conectados cos obxectivos da Reserva de Biosfera, co fin de estimular a creatividade e o potencial xuvenil nos procesos de análise e aplicación práctica dos coñecementos adquiridos, para implicarse dentro dun espazo sustentable en materia de innovación e benestar social.

OBXECTIVOS DO PROGRAMA

En resumo, trátanse de conseguir os seguintes obxectivos específicos:

  1. Educar para adquirir competencias aplicables nun modelo sostible de desenvolvemento social, apoiándose na ética ambiental e valores morais, para a promoción da protección do medio ambiente inspirado no Programa MaB da UNESCO.

  2. Fomentar na xuventude hábitos de respecto e sensibilización que conviden a unha harmoniosa relación entre a cidadanía e os compromisos ambientais que se presentan no territorio.

  3. Fomentar a implicación de toda a comunidade educativa do concello, de forma que haxa un compromiso real na mellora e conservación do medio ambiente a través da participación cidadá e o fomento do voluntariado.

  4. Establecer unha canle que permita e facilite o acceso da poboación á información en materia ambiental, mediante a creación da figura dos “Informadores xuvenís da Biosfera” nos centros educativos.

  5. Tomar conciencia da necesidade de aforro e uso sostible dos recursos (auga, enerxía, minorización dos residuos, etc).

  6. Coñecer a influencia e os impactos ós que se ve sometido o medio ante determinadas actividades antrópicas e as consecuencias dos hábitos desapropiados.

  7. Coñecer os efectos do cambio climático, así como dar as pautas necesarias para aplicar medidas na nosa vida cotiá que axuden a combater o quecemento global.

  8. Identificar as especies invasoras máis comúns no noso territorio, problemática e a súa repercusión nos ámbitos ambientais e sociais.

  9. Promover o trato respectuoso cara os animais domésticos facendo fincapé nas súas necesidades e características que os diferencian da fauna e do mundo silvestre.

  10. Sensibilizar e poñer en valor os valores naturais, culturais e etnográficos do concello correspondente, moitas veces grandes descoñecidos entre a poboación local e a mocidade.

 

 

 

 

 

    Se desexa contactar con nós pode usar o seguinte formulario de contacto: