Hosting por dinahosting.

RUTAS DESDE CHELO PARA DESCUBRIR O RÍO MANDEO AS RIBEIRAS DO MANDEO

Este centro de visitantes que se encontra en Chelo está equipado cunha interesante exposición permanente sobre os valores ambientais deste espazo natural. Ademais os seus guí­as poderanche dar toda a información que precises sobre os itinerarios e os seus arredores

 

As ribeiras do Mandeo son un lugar de gran riqueza biolóxica e preciosas paisaxes que poderá descubrir camiñando. Desde o Centro de visitantes do rí­o Mandeo parten varios itinerarios que discorren polas súas beiras e nos levan a coñecer a historia, a etnografí­a e a natureza deste marabilloso rí­o. A través deles poderá descubrir un espazo dun incalculable valor ecolóxico e paisaxístico.

 

ZONA NÚCLEO DA RESERVA DE BIOSFERA “MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO”

A ZEC Betanzos – Mandeo é unha das zonas núcleo da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, declarada pola UNESCO no 2013. As Reservas de Biosfera son espazos para o desenvolvemento sostible, onde se traballa polo mantemento da biodiversidade e da diversidade cultural, se procura un desenvolvemento social e económico respectuoso co medio, se experimenta para conseguir un bo uso dos recursos naturais, culturais e sociais, e se fomenta a participación dos cidadáns, a formación e a educación. Esta Reserva está formada por 17 concellos e abrangue máis de 116 mil ha, case un 15 % do territorio da provincia da Coruña. As zonas núcleo son aquelas onde se concentran os valores naturais máis sobresaíntes do territorio da Reserva, polo que inclúen todos aqueles espazos naturais con interese para a conservación.

Presentámosche uns itinerarios que discorren polas ribeiras do Mandeo nos concellos de Coirós, Paderne e Betanzos e que nos descobren un espazo dun incalculable valor ecolóxico e paisaxístico. Este río nace no Marco das Pías na serra da Cova da Serpe e desemboca na ría de Betanzos tras un percorrido duns 56 km. A ría, o curso baixo e parte do curso medio do río Mandeo, xunto con parte do seu afluente o río Zarzo, o tramo baixo do río Mendo e a desembocadura do río Lambre forman parte da Rede Natura 2000, unha rede europea para a conservación da biodiversidade.

folleto_mandeo_chelo_gal_web 3

 

Deja un comentario