Hosting por dinahosting.

I ENCONTRO LEADER DE GALICIA 2018

A Asociación Mariñas-Betanzos estivo presente no I Encontro LEADER de Galicia, celebrado o pasado 28 de xuño no concello de O Pino.

Este evento, organizado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), e no que participaron os Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia, ten servido para dar a coñecer proxectos innovadores e de emprendemento no rural en Galicia, amosar as producións agroalimentarias singulares de cada un dos territorios participantes, así como para facilitar o traballo en rede entre as persoas emprendedoras.

Nas conferencias desenvoltas participaron, entre as persoas mozas e emprendedoras no rural, Roberto Porta e Sergio Boado, produtores ecolóxicos dos concellos de Oleiros e Irixoa, adheridos á Marca de Calidade da  Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas.

Máis información: https://www.facebook.com/ADR.MARINASBETANZOS/photos/pcb.1998719426869791/1998718910203176/?type=3&theater

Deja un comentario