• Galego
  • Español
  • English

Próximos Eventos – Mariñas Coruñesas e Mandeo

Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Xornada de voluntariado na reserva do Catorce (Coirós)

21 Outubro

Fragas do Mandeo organiza para o próximo domingo día 21 unha xornada de voluntariado na reserva de anfibios do Catorce (Coirós).

Nos últimos meses un par de voluntarios estiveron librando de eucaliptos as dúas hectáreas de bosque da reserva. Por fin, onte acabaron de cortalos. Pero con iso non se rematou o traballo. Agora hai que amorear por un lado a ramallada e por outro a leña útil, así como seca-los cepos nos que están aparecendo rebrotes. En definitiva, un traballo que pode facer calquera seguindo o ritmo que lle permita o seu estado físico.

Punto de encontro será o Centro de Saúde de Betanzos ás 9:30 horas coa idea de rematar ás 14:00 horas.

Máis información en Fragas do Mandeo

Detalles

Fecha:
21 Outubro

    Se desexa contactar con nós pode usar o seguinte formulario de contacto: