Hosting por dinahosting.

Leader 2014-2020

Deseño da estratexia Rural do GDR 23 Mariñas-Betanzos

 

cartel_para_fb_2

 

Documentos de Inicio

Estamos a iniciar o deseño e elaboración da Estratexia Leader 2014-2020 para o territorio Mariñas Betanzos. Dita Estratexia deberá ser coherente cos obxectivos e co Plan de Xestión da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.

Traballaremos coas diferentes mesas sectoriais nas que están agrupadas todas as entidades socias da Asociación Mariñas Betanzos, co obxectivo de presentarlles as principais novidades deste Programa e o proceso a seguir na elaboración desta Estratexia.

Animámosvos a todas e a todos a participar neste traballo conxunto, co obxectivo de conseguir unha estratexia de futuro para o noso territorio, agardando poder contar cunha alta participación tanto das entidades asociadas ao GDR Mariñas Betanzos como de todas as interesadas en participar neste proceso e que queiran adherirse á nosa Asociación, como do público en xeral.

Para elo, temos elaborado unha ficha de participación social cun breve cuestionario da Estratexia de Desenvolvemento Rural do Programa LEADER 2014-2020.

 

Ficha participación Social Leader

Cubre a seguinte FICHA e envíanola a través do correo electrónico a info@marinasbetanzos.org

Ficha Paticipación

Se queres unha información máis detallada sobre o proceso podes poñerte en contacto co Equipo Técnico no teléfono 981 669 541 ou ben manda un correo electrónico a info@marinasbetanzos.org.

 

logos_leader_etc