Presentación de solicitudes
En relación co proxecto que pretendan realizar, os promotores dirixirán a solicitude de axuda ao GDR correspondente ao territorio en que vaia executarse o proxecto de que se trate, segundo o modelo normalizado que se incorpora a estas bases reguladoras como anexo II e que, en todo caso, estará ao dispor dos interesados na sede electrónica da Xunta de Galicia e nas respectivas sedes dos GDR. A relación dos GDR de Galicia consta na
páxina web de Agader.
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. PREME AQUÍ
A presentación electrónica será obrigatoria para: as persoas xurídicas de carácter privado, as entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores; e tamén para as comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365. PREME AQUÍ
As persoas non obrigadas á presentación electrónica (persoas físicas e autónomos), opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente no rexistro do GDR a que vaian dirixidas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, que estará a dispor dos interesados nas respectivas sedes dos GDR. Estas persoas tamén poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común e deberán, unicamente neste caso, dirixir as solicitudes a Agader, coa finalidade de que sexan remitidas pola axencia aos grupos de desenvolvemento rural destinatarios delas.
Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:
Para máis información consulta as bases reguladoras no seguinte enlace :
Bases Reguladoras
Bases reguladoras para a convocatoria de axudas leader 2014-2020
Bases 2019
Criterios de baremación e selección de proxectos
Criterios
Deixámosche o acordo de colaboración entre a axencia de turismo de Galicia e a axencia galega de Desenvolvemento Rural para a cordinación de actuacións públicas con incidencia no sector turístico promovidas no territorio de Galicia, no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia PDR 2014-2020. Convenio