Proceso Participativo para o Deseño da Estratexia Rural do GDR 23 Mariñas-Betanzos
Calendario
A continuación podes consultar as datas dos próximos eventos e reunións que están abertos ao público e nos que podes colaborar e participar aportando as túas ideas e suxerencias:
Se queres participar e colaborar aportando ideas e valorando proxectos para a Estratexia de desenvolvemento rural Leader 2014-2020 do GDR-23 Mariñas-Betanzos, podes facelo de maneira presencial nas Mesas Temáticas abertas ao público que se celebrarán por diferentes concellos do territorio nas próximas semanas, ou a distancia cubrindo o formulario de participación.
Mesas Temáticas
Presentación Reunións Temáticas

Formulario de participación
Documentos de consulta
Traballaremos coas diferentes mesas sectoriais nas que están agrupadas todas as entidades socias da Asociación Mariñas Betanzos, co obxectivo de presentarlles as principais novidades deste Programa e o proceso a seguir na elaboración desta Estratexia.
Cubre a seguinte FICHA e envíanola a través do correo electrónico a info@marinasbetanzos.org
FICHA PARTICIPACIÓN
Se queres unha información máis detallada sobre o proceso podes poñerte en contacto co Equipo Técnico no teléfono 981 669 541 ou ben manda un correo electrónico a info@marinasbetanzos.org.