• Galego
  • Español
  • English

Programa Leader 2014-2020

Programa Leader 2014 – 2020

 

O LEADER é o conxunto de medidas do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020 que se executa baixo metodoloxía LEADER. Esta metodoloxía está a ser impulsada pola Unión Europea desde 1991 para descentralizar as políticas de desenvolvemento rural, de maneira que o territorio rural deixe de ser un simple destinatario destas políticas para converterse en protagonista do seu propio desenvolvemento. En Galicia, nos períodos 1991-1994, 1994-1999, 2000-2006 e 2007-2013, ademais de aplicarse os programas das propias Iniciativas Comunitarias LEADER (LEADER, LEADER II e LEADER +), leváronse a cabo outros programas coa mesma metodoloxía que, por ter distintas fontes de financiamiento, recibiron distintos nomes, como PRODER, PRODER II ou AGADER, de maneira que no período 2000-2006 estivo cuberto todo o territorio rural galego con estes programas.

Quen pode participar?

Todas as entidades públicas ou privadas que desenvolvan a súa actividade nas áreas territoriais definidas do ámbito económico, social, cultural, veciñal, ambiental, profesional, comunidades de montes, etc. non só poden senón que deben implicarse no programa LEADER do seu territorio.

Como se pode participar?

O programa LEADER de cada territorio é deseñado e executado por un Grupo de Desenvolvemento Rural ( GDR). Trátase dunha asociación constituída por todas as entidades do ámbito económico, social, cultural, veciñal, ambiental ou profesional que desexen implicarse. Estas entidades funcionan como calquera asociación sen ánimo de lucro e deben cumprir o principio de “portas abertas” polo que están obrigadas a admitir calquera organización do seu territorio que desexe participar no programa.

Como funcionan os GDR?

O Grupo de Desenvolvemento Rural elabora unha estratexia de desenvolvemento comarcal. Nela inclúense as principais posibilidades, oportunidades e necesidades do seu territorio desde o punto de vista produtivo, económico, dotacional, social, etc. Esta estratexia preséntase á convocatoria do programa para o período 2014-2020 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) ente público xestor do programa LEADER en Galicia. O grupo conta cunha estrutura técnica que se dedica ao labor de dinamización, mobilización e promoción para aplicar a estratexia deseñada para este territorio co obxectivo de que xurdan proxectos que se poidan financiar ao amparo do programa. É o propio GDR quen se encarga de analizar e valorar os proxectos e, en función diso, o seu órgano directivo atribúe unha porcentaxe da axuda, partindo duns criterios preestablecidos. A decisión trasládaselle a AGADER que, despois de revisar que a asignación do GDR axústase á normativa, resolve a concesión da axuda.

Como funcionan os GDR?

Ou Grupo de Desenvolvemento Rural elabora unha estratexia de desenvolvemento comarcal. Nela inclúense as principais posibilidades, oportunidades e necesidades do seu territorio desde ou punto de vista produtivo, económico, dotacional, social, etc. Esta estratexia preséntase á convocatoria do programa para ou período 2014-2020 dá Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) ente público xestor do programa LEADER en Galicia. Ou grupo conta cunha estrutura técnica que se dedica ao labor de dinamización, mobilización e promoción para aplicar a estratexia deseñada para este territorio co obxectivo de que xurdan proxectos que se poidan financiar ao amparo do programa. *É ou propio GDR quen encárgase de analizar e valorar vos proxectos e, en función diso, ou seu órgano directivo atribúe unha porcentaxe dá axuda, partindo duns criterios preestablecidos. A decisión trasládaselle a AGADER que, despois de revisar que a asignación do GDR axústase á normativa, resolve a concesión dá axuda.

Metodoloxía Leader

O elemento esencial da metodoloxía LEADER é que se trata de “procesos de abaixo a arriba”. A estratexia ou programa de desenvolvemento defínese no ámbito local ou comarcal e as decisións, liñas que se propoñen, proxectos que se financian…, son tomadas nese mesmo ámbito por unións (participados) de axentes públicos e privados, os chamados Grupos de Desenvolvemento Rural ( GDR). Implica unha formulación multisectorial, tanto na dimensión económica, non só do sector primario, como no resto de dimensións sociais: equipamentos, servizos e dotacións públicas, patrimonio cultural, medioambiente, relacións sociais…

Incorpórase a innovación como un elemento relevante, non entendida unicamente como elemento tecnolóxico, senón tamén como novas maneiras de enfrontar os procesos no territorio, a solución de problemas, a participación e implicación da poboación, a satisfacción das necesidades… Un último elemento definitorio da metodoloxía LEADER é o traballo en rede e a cooperación entre territorios xa que, a aposta por un medio rural vivo pasa por establecer alianzas entre os distintos territorios rurais.

 

 

Mapa Leader GDR Concellos 1

Leader 2014-2020

Marco Normativo

No marco do PDR de Galicia 2014-2020 Agader vai tramitar a medida 19 Leader, amparada así mesmo polo Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e derrógase o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, regula no título III, capítulo II o desenvolvemento local participativo ( DLP) Esta actuación dá continuidade a programas Leader anteriores tales como a iniciativa experimental (Leader I), pasando polos programas Leader II e Leader Plus, ata consolidarse no período 2007-2013 como o eixo 4 do PDR de Galicia.

O enfoque Leader

O enfoque LEADER persegue unha aplicación do desenvolvemento rural baseado principalmente na participación da propia poboación do territorio, integrando todos os recursos e actores económicos e humanos que na comarca de actuación existan.

O elemento esencial da metodoloxía LEADER é que se trata de “Procesos de abaixo cara arriba”, é dicir, as estratexias ou programas específicos de desenvolvemento rural definisen no ámbito local do territorio, e as decisión sobre as liñas concretas de aplicación das axudas e mesmo dos proxectos que se financian son tomadas nese mesmo ámbito por participados de axentes públicos e privados (na súa maioría privados por esixencia do programa).

Para asegurar esa participación da sociedade rural constituíronse os Grupos de Desenvolvemento Rural ( GDRs), entidades sen ánimo de lucro, con socios públicos e privados que seleccionan os proxectos que lles permiten levar a cabo a súa estratexia de desenvolvemento.

Estes GDRs implican por tanto unha formulación multisectorial, tanto na dimensión económica, non só do sector primario, como no resto de dimensións sociais; equipamentos, servizos e dotacións públicas, defensa dos valores patrimoniais e ambientais, relacións sociais, traballo en rede, etc.

Tendo en conta as características específicas do territorio rural galego e o xa citado obxectivo de contribuír á estratexia europea 2020 conseguindo un desenvolvemento territorial equilibrado, incluíndo a creación e a conservación do emprego, o enfoque Leader para o período 2014-2020 en Galicia, orientarase á consecución prioritaria dos seguintes, obxectivos:

  • Mellorar as condicións para crear e manter emprego no medio rural.
  • Mellorar e implementar servizos para a poboación nas zonas rurais, favorecendo a mellora do nivel de vida da poboación rural, a inclusión social e a redución da pobreza.
  • Favorecer a ocupación sostible do territorio, prestando atención especial aos colectivos máis desfavorecidos, como as mulleres, os mozos/as, as persoas con discapacidade, as persoas maiores, etc.
  • Garantir a sustentabilidade da actividade no medio rural, mediante un coidado e utilización adecuada dos recursos naturais.
  • Potenciar a gobernanza local e a animación social do territorio. ·
  • Contribuír á concienciación e ao fomento da necesidade de pasar a unha economía baixa en carbono e capaz de adaptarse ao cambio climático, fomentando a utilización de enerxías renovables e a mellora da eficiencia enerxética.

Coa finalidade de estender a aplicación da metodoloxía LEADER o máximo posible, o territorio elegible será todo o rural galego, coa excepción das entidades singulares de poboación que superan os 6.000 habitantes nas provincias atlánticas da Coruña e de Pontevedra ( xunto cos terminos municipais da Coruña e Vigo). Nas provincias de Lugo e de Ourense, en liña cos obxectivos dos Plans Impulsa Lugo e Impulsa Ourense da Xunta de Galicia, preténdese unha discriminación positiva en favor destas provincias mais rurais, tendo en conta o déficit de tecido produtivo e de servizos en relación coas provincias atlánticas. É por iso que nas citadas provincias de Lugo e de Ourense, unicamente excluirase como territorio elegible as entidades singulares de poboación que superen os 10.000 habitantes.

Mapa Leader GDR Concellos 2

    Se desexa contactar con nós pode usar o seguinte formulario de contacto: