Co primeiro borrador de aplicación realízanse as probas coa información recollida das catro zonas piloto situadas nos concellos de Curtis e Aranga na provincia da Coruña e Castro de Rei e Ribadeo nas provincias de Lugo. Realízase a primeira simulación cun total de 1.910 parcelas de 43 explotacións.
Os resultados son examinados entre as cooperativas e as universidades participantes no proxecto, tratando de analizar as incongruencias dos cambios propostos ou os posibles inconvenientes que poidan atopar os gandeiros/as das zonas piloto. Entre os cambios necesarios nesta primeira fase de verificación identificáronse os seguintes:
A presentación das propostas nas zonas piloto realizouse ou anivel individual entre diversos participantes ou en reunións cun pequeno número deles (2-4). Elixiuse esta metodoloxía de reunións para evitar contaminación entre as opinións dos diferentes participantes, tratando de que cada un analizara a súa proposta a nivel individual. Para iso, entregóuselle unha serie de planos nos que podían analizar a distribución actual das súas parcelas, dúas alternativas diferentes propostas polo algoritmo para a reorganización das mesmas, a distribución actual das parcelas de todos os participantes na zona piloto e as dúas alternativas propostas polo algoritmo para o conxunto xeral. Ademais, entregábaselle o informe cos datos da mellora xera a aplicación e que produciría a redistribución do uso das parcelas para cada alternativa (número de parcelas a xestionar, superficie media das parcelas, distancia total entre as parcelas e a explotación ou distancia entre as parcelas). Acompañado desta documentación, unha carpetilla, unha libreta, un bolígrafo e un tríptico do proxecto para que consulten a información que precisen da iniciativa. Nas reunións realizadas en despacho, emprégase o visor creado pola UDC onde se poden comprobar as diferentes alternativas, para que os gandeiros poidan realizar cambios e corrixir erros directamente sobre as alternativas.
As conclusión obtidas destas reunións foron as seguintes:
Para incorporar as propostas identificadas mediante o traballo nas zonas piloto cos gandeiros/as, realizáronse os seguintes cambios no algoritmo:
O resto de propostas realizadas polos gandeiros poden ser en gran medida corrixidas por medio do traballo previo de análise dos terreos antes de introducilos na aplicación.
Ca versión definitiva da aplicación informática, vólvese a realizar unha proposta de reorganización dos usos dos terreos, entregándolle a cada participante os planos en papel e en formato dixital (pdf) mediante o pen drive do proxecto, para que consulten as diversas alternativas. Dentro de información que se lle facilita aos gandeiros ca nova distribución de usos, tamén aparece unha proposta de xestión das parcelas (aboado, cultivo, mellora, produción, etc.), baseado nas análises de terras levadas a cabo e no novo tamaño dos terreos.