• Galego
  • Español
  • English

Novas

Cata de viños da Reserva cunha vintena de responsables de establecementos

in Events, NOVAS, Xornadas 0 Comment

Catar viños en tempos de pandemia sanitaria, e con máscara, require valentía e habilidade. Tívoa a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, nunha sesión con viños de seis adegas que teñen a marca de calidade desta denominación, e que se realizou na Adega Beade en Paderne co profesor Xosé Antonio Meixide.   […]

Pulpa de cana

in NOVAS, Publicacións, Xornadas 0 Comment

Carlos Boado, propietario do Caserío de Tión de Coirós, recibiu ao alcalde da localidade, Francisco Quintela, e ao presidente da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras de Mandeo, que lle entregaron uns envases ecolóxicos ideais para comida para levar Con pulpa de cana de azucre están feitos os envases cento por cento biodegradables e […]

Os 30 produtores tradicionais das Mariñas suman 15 restaurantes ao seu proxecto

in Events, NOVAS, Xornadas 0 Comment

«A marca Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo é un distintivo que recoñece aos produtos agroalimentarios e servizos do territorio que ofrecen uns valores acordes co espazo no que se desenvolven». Isto explican desde a entidade que impulsa este selo de calidade. A maior novidade na que veñen traballando desde finais do […]

A segunda edición de Maridar celebrarase en Sada os días 11, 12 e 13 de setembro

in Events, NOVAS 0 Comment

A Federación de Asociacións Empresariais das Mariñas organizará a segunda edición de  Maridar. En colaboración coa Consellería  do Mar e do Golfo Ártabro Sur, o evento celebrarase durante os días 11, 12 e 13 de setembro nas instalacións do Concello de Sada. Será o venres e sábado durante todo o día e o domingo só […]

CURSO “MANEXO DO SOLO NA HORTICULTURA ECOLÓXICA”

in NOVAS, Xornadas 0 Comment

A Oficina Agraria Comarcal de Betanzos, en colaboración coa Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, organiza un Curso sobre “MANEXO DO SOLO NA HORTICULTURA ECOLÓXICA”, que se desenvolverá os vindeiros días 1, 9 e 14 de Outubro. Esta actividade está enmarcada no Plan de Formación ao Agro Galego 2020,  impulsado pola Consellería do Medio Rural, co obxectivo de apoiar e promover […]

CURSO “LOITA E CONTROL DE PRAGAS E ENFERMIDADES NA HORTICULTURA ECOLÓXICA”

in NOVAS, Xornadas 0 Comment

A Oficina Agraria Comarcal de Betanzos, en colaboración coa Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, organizar un Curso sobre “LOITA E CONTROL DE PRAGAS E ENFERMIDADES NA HORTICULTURA ECOLÓXICA”, que se desenvolverá os vindeiros días 23, 24 e 28 de setembro. Esta actividade está enmarcada no Plan de Formación ao Agro Galego 2020,  impulsado pola […]

A Reserva estrea envases ecolóxicos de pulpa de cana de azucre para a comida para levar dos restaurantes da marca

in Leader 2014-2020, NOVAS, Uncategorized, Xornadas 0 Comment

 Mariñas Coruñesas comezou hoxe 8 de setembro a entrega dos recipientes aos hostaleiros A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras  do Mandeo quere combinar a sustentabilidade e a seguridade nos restaurantes da comarca asociados á súa marca de calidade. @Teniendo en cuenta as propostas dos hostaleiros, dentro do Plan de Actuación Turística da Reserva […]

A Reserva de Biosfera estrea como produto turístico unha ruta polos muíños de Caraña e as panadarías tradicionais de Betanzos  

in NOVAS 0 Comment

  A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo impulsa experiencias turísticas vinculadas ao territorio. No seu papel de entidade xestora do geodestino, a entidade aposta polo lanzamento de produtos que aproveiten as potencialidades dos municipios que a conforman á vez que resulten atractivas para os visitantes. Hoxe realizouse a presentación dunha nova […]

A Reserva executa os traballos de recuperación de dous enclaves da Ría de Betanzos ao seu paso por Bergondo

in A Asociación, Events, NOVAS, Xornadas 0 Comment

• Forman parte do proxecto  Life Fluvial, que pretende mellorar o estado de conservación dos corredores fluviais da Rede Natura. • A actuación consiste na retirada de especies invasoras e dos materiais dos antigos campos de tiro e de fútbol de Miodelo para devolver os terreos á marisma. • Representantes do  Concello de Bergondo, da […]

A Reserva forma a 24 negocios para o selo de calidade hostaleira

in NOVAS, Reserva de Biosfera, TURISMO SOSTIBLE, Xornadas 2 Comments

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras  do Mandeo aumentará o número de establecementos hostaleiros adheridos á súa marca de calidade. Un total de 24 empresas -12 restaurantes e 12 aloxamentos- formalizaron a súa solicitude para a súa certificación. Uniríanse así aos 19 restaurantes que xa obtiveron o selo en 2019. A entidade comezou […]

A Reserva emprende a formación aos produtores para a obtención do distintivo de calidade turística

in Emprego, NOVAS, Plan Alimentario, Reserva de Biosfera, TURISMO SOSTIBLE, Xornadas 0 Comment

O plan comezou o 28 de xullo en Abegondo e incluirá sesións  especificas sobre o COVID-19 A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras  do Mandeo iniciou  o seu plan formativo de calidade turística para o fomento do agroturismo no territorio. Son 15 as empresas agroalimentarias do territorio, adheridas á marca de calidade, que participan […]

I Premio Leader pola súa innovación turística

in Events, Leader 2014-2020, NOVAS, Reserva de Biosfera, TURISMO SOSTIBLE 0 Comment

Un proxecto de emprendemento da Reserva recibe o I Premio Leader pola súa innovación turística Cabanas de  Canide recibiu o distintivo o 27 de xullo de 2020 de mans do presidente de Mariñas Coruñesas Un dos proxectos de emprendedores de Mariñas Coruñesas e Terras  do Mandeo no ámbito turístico foi galardoado nos primeiros Premios Leader […]

    Se desexa contactar con nós pode usar o seguinte formulario de contacto: