A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo lanza unha publicación para promover a introdución de menús saudables e sostibles para as comidas en familia, algo de especial necesidade nesta época do ano. A institución busca sensibilizar á poboación sobre a necesidade de incrementar a inxesta de determinados alimentos bos para a saúde, que son os que producen numerosos emprendedores locais asociados á marca.
O enfoque práctico é o elixido para concienciar ao lector e facerlle ver a facilidade de cambiar os seus hábitos alimenticios. A guía expón diversos obxectivos e ideas para levalos a cabo.
Así, propón o incremento da inxesta de verduras, froitas, cereais integrais ou auga. Ou a redución do consumo de bebidas azucradas, sal ou alimentos ultraoprocesados. Como vías para conseguilo, para cada un deles, formúlanse exemplos sinxelos a levar a cabo en familia, pensando tamén nos nenos.
Para logralo, a Reserva aposta por introducir alimentos dos produtores da biosfera. Publica así un cadro das verduras que se producen, estruturada pola época do ano da súa produción, para facilitar ao lector os seus menús.
No libro recóllense así mesmo retos en familia, unha forma amena de tratar de cumprir coas metas, e ofrécense varias receitas saudables para probar. En toda a publicación, indícanse os parámetros de alimentación saudable, os datos reais hoxe e as recomendacións das autoridades sanitarias.
A guía realízase co apoio da Consellería do Medio Rural. Será distribuída entre os municipios que conforman a Reserva de Biosfera, ademais de por redes sociais e a web da entidade.
Confiouse a realización da publicación á entidade Menjadors Ecològics, coa que traballou a Reserva no desenvolvemento do seu Plan Alimentario, iniciativa coa que logrou premios de carácter internacional.
GUÍA PARA COMIDAS SAUDABLES E SOSTIBLES EN FAMILIA
GUÍA
A iniciativa de promoción do consumo ecolóxico nos comedores escolares forma parte do Plan Alimentario da Reserva de Biosfera.
Co consumo de alimentos ecolóxicos nos comedores escolares, non só estamos decidindo sobre o que comemos, senón que, indirectamente, decidimos tamén sobre o modelo de produción, distribución e consumo destes produtos. Esta decisión implica un alto nivel de responsabilidade social e ambiental.
Durante o curso 2017-2018 teñen participado 14 centros no Programa de Eco-Comedores, chegando a un total de 2.300 alumnos comensais. Catro produtores ecolóxicos da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas están subministrando a estes centros, para a elaboración dos menús ecolóxicos.
Esta iniciativa pretende ademáis:
Os resultados desde estudo e das iniciativas pilotos sirvieron para coñecer as potencialidades deste mercado para os siguientes cursos.