Hosting por dinahosting.

Guía de Productores

A Guía de Produtores Agroalimentarios da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo  pretende   dar   a   coñecer  os   produtos   agroalimentarios  da propia  Reserva  de  Biosfera   a aquelas  persoas  ou  entidades   interesadas   no  consumo   en   circuítos   curtos   de   produtos locais   de   calidade,  como resultado  da  formulación  participativa  do  Plan  Alimentario.

A   Reserva   de   Biosfera    “Mariñas  Coruñesas   e   Terras  do  Mandeo”    está  considerada  como  unha  das  zonas  máis aptas  para  a   produción   agroalimentaria   de   Galicia.

No  territorio  atopamos  cultivos   con   variedades   tradicionais como  o tomate  Negro de  Santiago,  a Cebola e o Repolo de  Betanzos,  ou  as  uvas  das  variedades  de  Branco  Lexítimo e Agudelo,  recoñecidas pola Indicación Xeográfica Protexida (IXP) -Viño da Terra de Betanzos-.

A  Reserva  de  Biosfera  ofrece  un  amplo   abano  de   produtos   alimentarios:    Galiña  Piñeira,   Pan  de  Carral,   queixos, marmeladas,   plantas   aromáticas   e   medicinais   -como a  árnica  ou  a  stevia-,   etc.    Por   outro  lado,   as    producións agroecolóxicas   van   gañando   peso  nun  territorio   declarado   Reserva   de   Biosfera   que   aposta  por  un  sistema alimentario  máis  sostible.

Descarga a guía en galego ou en castelán. GUÍA DE PRODUTORES AGROALIMENTARIOS DA RESERVA DE BIOSFERA.

VERSIÓN GALEGO

 

VERSIÓN CASTELÁN