Hosting por dinahosting.

Marca de Calidade

MARCA DE CALIDADE RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO

 

Un dos principais atributos con capacidade de outorgar calidade diferenciada a un produto agroalimentario é a súa relación co territorio onde ten lugar a produción. Este concepto persegue unha conservación dos recursos locais que permita a sustentabilidade económica do tecido agroempresarial implicado.

Unha das vías dirixidas a garantir a orixe e calidade dun produto son as marcas de orixe, que son un instrumento de enorme validez para identificar e poñer en valor as especificidades territoriais.

Na actualidade, a ADR Mariñas Betanzos está traballando na creación dun selo de calidade con capacidade para exercer de paraugas a un amplo abano de produtos e servizos.

A marca proposta constará dun Regulamento de Uso ademais de pregos de condicións específicos por cada tipoloxía de produtos ou servizos a amparar. Estes pregos de condicións deberán recoller aqueles parámetros e especificacións técnicas a cumprir por aqueles produtos con posibilidade de amparo pola Marca.

Nun primeiro momento está prevista a incorporación de tres pregos de condicións para as producións de: viño, produtos hortícolas e lácteos (queixos, leite fresco e xeados).

A Marca “Reservas de la Biosfera Españolas”

Recentemente, desde o Organismo Autónomo Parques Nacionais, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, tense procedido á inscrición na Oficina Española de Patentes e Marcas a marca “Reservas de la Biosfera Españolas”.

reservas-de-la-biosfera-espac3b1olas

Por medio dunha licenza de usos desta nova marca, preténdese destacar e diferenciar determinados produtos e/ou servizos dentro dos territorios recoñecidos como Reservas de Biosfera no territorio español.

A concesión da  licenza de uso sería deste xeito responsabilidade do Organismo Autónomo Parques Nacionais, a través do cumprimento do Regulamento de Uso da Marca, mentres cada Reserva da Biosfera deberá fixar os requisitos específicos para os produtos e/ou servizos da súa reserva e responsabilizarse do seu control e seguimento.

Desde a Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” estase a traballar na adaptación do Regulamento e Pregos da marca para o cumprimento simultáneo desta protección adicional. A través dos seguintes enlaces accédese á documentación vinculada aos mesmos:

 

 

01_logos-1