Plan Alimentario (2014-2017) da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.
A Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” é un territorio que conta cunhas condicións climáticas e xeográficas moi satisfactorias para o desenvolvemento de gran diversidade de cultivos. Trátase dun territorio con case 190.000 habitantes e unha extensión de 1.139,7 km2 situado na periferia da Cidade de A Coruña. Esta situación supón unha clara oportunidade para ofrecer produtos locais e de proximidade, mantendo así un Sistema alimentario Local baseado na sustentabilidade e na xeneración de emprego no territorio.
A Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas- Betanzos, entidade xestora da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, pretende desenvolver unha estratexia alimentaria na Reserva, que estimule a produción, transformación e consumo de produtos agroalimentarios locais e agroecolóxicos. Proponse para elo, o deseño dun Plan Alimentario Local 2014-2017 ligado ao crecemento sostible e o emprego verde, que conta con o apoio da Fundación Biodiversidad e do Programa LEADER.
O Plan Alimentario intégrase de maneira transversal en varias liñas do Plan Estratéxico de Xestión 2013-2017 da Reserva de Biosfera, convirtiéndose deste xeito nunha iniciativa de vital importancia para o desenvolvemento dos obxectivos globais da Reserva.
Para a identificación das principais liñas de acción e metas do Plan constituirase unha Comisión Técnica Alimentaria integrada por representantes dos principais axentes do sistema alimentario no territorio (produtores locais, empresas agroalimentarias, distribuidoras, grupos de consumo, asociacións de consumidores, restauradores, técnicos agrarios, centros de investigación, fundacións, etc.)
No Plan Alimentario 2014- 2017 acordaranse unhas recomendacións para apoiar e ampliar o Sistemas Alimentario Local superando osbstáculos existentes en canto a produción, comercialización e consumo sustentable. El Plan alimentario dará resposta aos principais retos do Sistema alimentario actual identificados na diagnose inicial e basarase nos acordos do Comité técnico alimentario centrándose principalmente nos seguintes principios:
Deseñar de forma participativa un Plan Alimentario para a Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, baseado na conservación da biodiversidade, o fomento do consumo responsable e do emprego verde.
Para lograr estes obxectivos, estas son las actuacións previstas a desenvolver no próximo ano enmarcadas no contexto do proxecto apoiado dende a Fundación Biodiversidad:
No seguinte enlace descarga o díptico do Programa: PROGRAMA