• Galego
  • Español
  • English

Educando na Biosfera

.

PROGRAMA EDUCANDO NA BIOSFERA, SEMENTADO ILUSIÓNS

 

 

 

LIBRO EDUCANDO NA BIOSFERA

 

Orixe do Programa

Tras a declaración do territorio como Reserva de Biosfera, no ano 2013, existía unha inquedanza no seo da Reserva de como abordar dun modo integral a educación ambiental neste territorio, sobre como visibilizar dita declaración pola UNESCO e as súas oportunidades entre a poboación, así como trasladar os valores das Reservas de Biosfera á poboación e dala a coñecer, co obxectivo de asegurar a construción dunha Reserva de Biosfera participativa no que a sociedade, e especialmente os mozos, sexan o alicerce básico sobre o que asentarse.

 

 

 

Este programa de actividades a desenvolver coa comunidade escolar, preséntase como unha iniciativa de aprendizaxe non formal en distintos campos, moi conectados cos obxectivos da Reserva de Biosfera, co fin de estimular a creatividade e o potencial xuvenil nos procesos de análise e aplicación práctica dos coñecementos adquiridos, para implicarse dentro dun espazo sustentable en materia de innovación e benestar social.

 

Evolución do Programa

 

En 2015 comezaron a desenvolverse, desde “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, diversas actividades con escolares para dar a coñecer a figura de Reserva de Biosfera, e sería en 2016 cando desde o Concello de Sada, se apostou  por desenvolver un programa estable, dinámico e práctico, que achegase a figura das Reservas de Biosfera á comunidade educativa.

Ao longo destes 5 anos, o Programa “Educando na Biosfera” foise expandindo a outros municipios como Abegondo, Bergondo, Betanzos, Culleredo, Curtis e fortalecéndose en Sada, debido en gran parte á súa flexibilidade e ao alto grao de adaptación para cubrir as necesidades específicas de cada centro educativo.

Neste ano 2020, o Programa sóubose adaptar á crise da Covid – 19 estruturando as temáticas e contidos de forma telemática, para que os escolares puideran seguir en contacto desde os seus fogares a través da aula Virtual do Programa “Educando na Biosfera”.

 

A Reserva de Biosfera e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) como fío condutor do Programa

A Reserva de Biosfera, a súa filosofía e visión son os piares dun Programa que se foi consolidando e fortalecendo cada vez máis ao longo dos anos. Varias son as fortalezas do Programa “Educando na Biosfera”:

      A Reserva de Biosfera e a filosofía das Reservas de Biosfera, para as cales o coñecemento é un piar básico, son o fío condutor deste Programa que conta co recoñecemento da UNESCO como elemento diferenciador respecto a outros programas de educación ambiental.

Deste xeito, o Programa fortalécese e é clave para que conecte co profesorado, gaña confianza coa comunidade educativa, e sobre todo, acábanse dando a coñecer e traballando outros proxectos nos que o xerme é dito Programa Formativo.

 

 

   Ten como base os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU, e permite interconectar a educación con outra serie de valores que se poñen de manifesto nestes ODS.

      É un Programa dinámico e transversal, incorporando e ofertando cada ano novas temáticas relacionadas non só co medioambiente e a natureza, senón tamén coas ciencias sociais, a igualdade, o fomento dun estilo de vida saudable, artes gráficas, cultura, historia e tradicións, posta en valor do territorio, etc.

      Trátase dun Programa práctico e claramente participativo que trata de ser un complemento da formación que recibe o alumnado nos centros educativos, acercándolles aos profesionais e expertos que traballan a diario nos campos das temáticas que se ofertan.

      Serve como nexo de unión e fortalece outros proxectos desenvolvidos pola Reserva de Biosfera e a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas – Betanzos (entidade xestora) como Grupo de Acción Local, como por exemplo a declaración e traballos/ propostas de mellora de espazos que remataron por declararse como Espazo Natural de Interese Local; axuda na implantación do Programa Eco- Comedores Escolares; fortalece aos nosos produtores locais e á Marca de Calidade da Reserva de Biosfera; sensibiliza e trabállase cos máis novos/as nun modelo de Ecoturismo para o territorio (é fundamental que veña de abaixo-arriba); trátase de incentivar o emprendemento entre a mocidade, a creatividade, os nosos acervos históricos, culturais, naturais e etnográficos, ademais de fortalecer a visión e singularidade do noso medio rural.

      Visibilidade das actuacións e actividades realizadas dentro do Programa “Educando na Biosfera”.

Tódalas actividades son debidamente informadas a través da páxina web da Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas-Betanzos” (www.marinasbetanzos.gal) e das redes sociais da Reserva de Biosfera (Facebook; Twitter; Instagram).

   Twitter: https://twitter.com/marinasbetanzos

   Facebook:https://www.facebook.com/ADR.MARINASBETANZOS/

  Instagram:https://www.instagram.com/reservadebiosfera.mcetm/

 

PARTICIPACIÓN

Ao longo destes 5 anos o Programa “Educando na Biosfera” consolidouse entre a comunidade educativa do territorio da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, debido en gran parte, á súa  flexibilidade e ao alto grao de adaptación para cubrir as necesidades específicas de cada colexio ou instituto.

Proba disto é o número de alumn@s  que participaron no mesmo ao longo destes anos:

Curso escolar 2016 – 2017:

  1. Nº Concellos adheridos: 1

  2. Nº Centros participantes: 2

  3. Nº  alumn@s: 420

 Curso escolar 2017 – 2018:

  1. Nº Concellos adheridos: 2

  2. Nº Centros participantes: 9

  3. Nº  alumn@s: 2000

    Curso escolar 2018 – 2019:

    1. Nº Concellos adheridos: 4

    2. Nº Centros participantes: 10

    3. Nº  alumn@s: 2350

    Curso escolar 2019 – 2020:

    1. Nº Concellos adheridos: 5

    2. Nº Centros participantes: 11

    3. Nº  alumn@s: 2.038*

      *Ao inicio do curso académico 2019 – 2020 o nº de alumn@s que ían participar no Programa era de 2.778 (este número viuse alterado pola Pandemia provocada pola Covid – 19). Inclúe alumnado participante nas actividades realizadas de xeito presencial e alumnado que accedeu aos contidos telemáticos

       

       

       

       

 

 

 

O Programa foi incrementando a súa oferta temática, incorporando novas actividades relacionadas coas ciencias sociais, alimentación saudable ou a igualdade; adaptándose ás necesidades e suxerencias do profesorado, incorporando á súa oferta de actividades (charlas, talleres, saídas) a participación de expertos e profesionais relacionados coas diferentes temáticas.

Isto fixo que o Programa deixase de ser un mero Programa de Educación Ambiental e abarcase máis ámbitos, facéndose máis transversal, axudando a fortalecer o currículo do profesorado xa que vai en liña coa formación reglada, de aí a súa boa disposición inicial a participar nel.

    Se desexa contactar con nós pode usar o seguinte formulario de contacto: