No ano 2019, realizouse a formación e avaliouse ao primeiro grupo de Restaurantes da Biosfera, aqueles restaurantes que cumpren unha serie de requisitos relacionados coa calidade e profesionalización, instalacións e servizos, boa xestión ambiental, utilización de materias primas do territorio, e tamén, implicados coa formación ofrecida pola Reserva de Biosfera e coa mellora continua dos seus establecementos.
Derivados destos traballos co sector, constituíuse neste ano 2019 a Asociación de Ecoturismo da Reserva de Biosfera, formada por empresariado do sector turístico e na que se mellorou notablemente a colaboración público- privada e a participación na planificación turística desta área.
“BACALLAU Á BETANCEIRA”
“SALTEADO DA BIOSFERA”
“PETISCOS DE QUEIXO”
“ROBALIZA AO FORNO”
“CARRÉ DE CORDEIRO LECHAL CON CUSCÚS DE VERDURAS”
“BACALLAU Á GRELLA”
“GUIOZA DE LOMBARDA ENCURTIDA EN FALSO KINCHI CON GALIÑA DA BIOSFERA”
” COCIDO DE REPOLO”
” BACALLAU CONFEITADO CON CREMA DE CABAZA”
” LOMBOS DE PESCADA CON LANGOSTINOS E ZAMBURIÑAS”