A ferramenta informática deseñada e verificada con datos reais das diversas zonas piloto, demostrou a súa funcionalidade para facilitar a agrupación de parcelas xestionadas por unha serie de explotacións, realizando unha permuta de usos sen modificar a propiedade, e reducindo de maneira moi significativa as distancias entre as parcelas e as explotación e aumentando o tamaño de parcela de xestión.
Os resultados do proxecto poderían beneficiar directamente aos profesionais do sector agrogandeiro (cerca de 80.000 explotacións agrarias en Galicia), cunha ferramenta que podería mellorar a estrutura da base territorial das explotacións, contribuíndo a mellorar a viabilidade económica e ambiental das mesmas.
A implementación e utilización da ferramenta informática no terreo poderíase ver dificultada pola desconfianza de gandeiros á hora de cambiar o uso das parcelas e a negativa dos propietarios dos terreos a cedelos a persoas descoñecidas. Ademais, é necesaria a mediación dun técnico de confianza da cooperativa, para que a proposta de agrupamento non teña un recibimento negativo.
A metodoloxía e a ferramenta informática desenvolvidos poden ser replicados noutras áreas de interese agrario, tanto a nivel de Galicia como noutras zonas da Unión Europea cunha problemática similar (fragmentación e dispersión da propiedade). Estes, tamén poderían servir de base para proxectos máis ambiciosos con ámbitos máis globais, por exemplo a ordenación dos usos agrarios en áreas rurais.
A realización dunha segunda fase do proxecto, que puidera crear unha aplicación web ou unha aplicación executable dende un ordenador persoal, serviría para poñer a disposición de todo o público interesado a ferramenta e facilitar a súa difusión e o seu uso por propietarios e xestores de terras nas zonas rurais.
As consideracións que se deben ter en conta para os seu uso son:
Ningunha solución aportada pola ferramenta é perfecta. Haberá que realizar cambios puntuais da mellor solución creada para consensuar entre os participantes a solución final.
Como se comentou con anterioridade, non existe unha aplicación web a disposición dos interesados/as. Estes, poderanse poñer en contacto coas universidades ou o socio coordinador do proxecto para empregar a ferramenta.
Se desexa contactar con nós pode usar o seguinte formulario de contacto:
Esta web usa cookies para mellorar a experiencia de uso. Pregámoslle que acepte o uso de cookies para poder seguir mellorando na experiencia de usuario.AceptoPolítica de cookies