A Ruta Ornitolóxica ‘O Bosque Animado’, situada no Encoro de Abegondo-Cecebre é referencia incuestionable. Situado no corazón da Reserva de Biosfera, nunha das súas zonas Núcleo, trátase dunha experiencia lúdico-divulgativa con información sobre aves e lendas da zona. Tamén podes visitar os Observatorios Ornitolóxicos do Mandeo entre dos que se atopa o de Souto en Paderne.
Son moitas as rutas acondicionadas para realizar a práctica desde deporte e gozar da riqueza natural desta terra.
Ó longo dos 109 quilómetros de Costa, dominados por cantís e praias de bandeira azul, se pode gozar de numerosas sendas por diferentes zonas de especial valor ambiental (Senda Azul de Arteixo, Faros de Mera…)
Acollen unha alta biodiversidade de especies e hábitats, guiado polos tradicionais muíños de auga, que proporcionan un valor engadido e unha oportunidade para coñecer a historia desta terra.
A comarca de Betanzos está considerada como unha das zonas vitícolas históricas de Galicia. Actualmente hai seis adegas que poden visitarse. Realízanse visitas guiadas, acompañadas da degustación de excelentes produtos locais e da variedade de gran calidade Branco Lexítimo.