• Galego
  • Español
  • English

Sinais de identidade

A historia das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo encóntrase moi vinculada ás súas características xeográficas. A calidade dos solos e o seu clima temperado con influencia mariña, con temperaturas suaves e precipitacións moderadas, así como a súa posición estratéxica nas proximidades da cidade da Coruña, condicionan a agricultura hacia as producións en fresco.

Destacan os produtos de horta de excelente calidade: tomates, cebolas e repolos de “Betanzos”; así como produtos do mar (mexillóns de Lorbé ou sardiñas).

 

Existen ademais produtos tradicionais elaborados artesanalmente, como os queixos ou o pan de Carral, para acompañar cun viño da Terra de Betanzos. Din que axudan a percorrer mellor as sendas: “[…] con pan e viño, faise o camiño”.

Os obxectivos da Reserva diríxense a recuperar, en boa parte, a interrelación do ser humano coa natureza, e dar a coñecer todo o seu patrimonio natural, histórico, cultural, artístico, arqueolóxico, etnográfico e folclore variado, como consecuencia das innumerables culturas.

Os elementos máis antigos foron herdados de culturas megalíticas e castrexas (petroglifos e numerosos castros). A época romana ou o propio Camiño de Santiago, a cultura modernista en Sada ou unha variada arquitectura popular ou civil (pazos, xardíns e parques enciclopédicos como O Pasatempo en Betanzos, ou balnearios de augas con propiedades mineromedicinais, …) son algúns exemplos da enorme riqueza patrimonial que agocha este territorio.

 

    Se desexa contactar con nós pode usar o seguinte formulario de contacto: