Hosting por dinahosting.

Transparencia

Fins e actividades determinadas inicialmente

A Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas-Betanzos” constituíse en xullo do 2008 como Grupo de Desenvolvemento Rural coa finalidade de ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do territorio de actuación.

A Asociación ten como ámbito de actuación os municipios de Abegondo, Aranga, Aretixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Miño, Irixoa, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado.

Durante o ano 2008 foi elaborada a “Estratexia de desenvolvemento rural 2007-2013”, de xeito participativo por todas as entidades do territorio que así o quixeron. Esta estratexia de desenvolvemento ten como obxectivo final a valorizacón do territorio, incidindo na mellora da calidade de vida da poboación local a partir da valorización do patrimonio natural, cultural e do fomento da cohesión social.

Dende finais do ano 2008 a Asociación Mariñas-Betanzos está a xestionar o Programa LEADER Galicia 2007-2013, e dende maio de 2013 é o “ente xestor” da Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.

Descrición da misión e dos obxectivos

A Asociación carece de ánimo de lucro. Os beneficios que obteña por calquera concepto destinaranse exclusivamente ao cumprimento dos fins da asociación, sen que se poidan repartir entre os asociados nin outras persoas físicas ou xurídicas con fin lucrativo.

Descrición das áreas de actividade

  • Desenvolver iniciativas dirixidas a frear o éxodo rural, así como a fomentar a creación de emprego.
  • Sensibilizar ao tecido socioeconómico da zona sobre os problemas, recursos, accións e proxectos que contribuán á diversidade do territorio e ao seu desenvolvemento sostible e conservación da biodiversidade.
  • Organizar, promover, coordinar e realizar todo tipo de actividades socioculturais, tales como seminarios, conferencias, xornadas, investigacións, e estudos relativos aos problemas de desenvolvemento da zona, así como editar, no se caso, todo tipo de material en soporte escrito, audiovisual ou informático, de carácter especializado, didáctico ou, simplemente divulgativo.
  • Solicitar ante calquera instancia e executar, no seu caso, a realización de calquera actividade, programa ou proxecto relacionadocos obxectivos da asociación.
  • Proxectar, preparar e executar cantas accións ou actividades sexan necesarias para acadar unha axeitada formación e posta ao día permanente de todos os colectivos vinculados ao desenvolvemento rural, especialmente dos membros da asociación.
  • Promover o intercambio de experiencias e metodoloxías de taballo , así como a busca de liñas de actuación conxunta con entidades análogas, nacionais ou internacionais.
  • Levar a cabo as campañas de difusión e publicidade que se estimen necesarias.
  • Recoller, tratar, difundir, e intercambiar documentación e información relativa ao desenvolvemento rural a través dos medios adecuados.
  • Implicarse na xestión de programas de desenvolvemento do seu territorio.
  • Promover directamente actuacións e proxectos que incidan no desenvolvemento do territorio de actuación.
  • Artellar e poñer en marcha iniciativas de cooperación entre os axenes da innovación, sector produtivo e outros axentes implicados.

Fecha de constitución

A Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas-Betanzos” constituíse en xullo do 2008 .

Estatutos vixentes

Deixámosche un documento para que poidas ver os estatutos da asociación.

PREME AQUÍ

Domicilio Social

A Asociación fixa o seu domicilio social e fiscal no Castelo de Santa Cruz (Liáns, Oleiros).

A sede da Asociación a efectos da xestión da Medida LEADER (artigo 28 dos estatutos) e da Reserva de Biosfera, estará localizada no Concello de Abegondo, no Primeiro Andar, do Edificio da Antiga Cámara Agraria de Abegondo, Rúa San Marcos, s/n; 15318, puidendo trasladarse a outro edificio do concello por necesidades e operatividade.

Existirán ademáis dúas subsedes para reunións e actividades, unha na Rúa Antonio Machado, s/n 15670 O Burgo, no Concello de Culleredo e outra na Rúa Curro, nº 30 16530, no Concello de Miño.

Plan de xestión 2013-2017

Este Plan de Xestión constitúe un plan de desenvolvemento sostible da Reserva da Biosfera, cuxa finalidade é establecer as liñas de actuación concretas para o cumprimento dos obxectivos das Reservas da Biosfera para o período 2013 –2017. A posta en marcha e desenvolvemento do Plan de Xestión (2013 –2017) vai a desenvolver a Visión compartida e a Misión da Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.

A Visión céntrase en fomentar a conservación do patrimonio natural e cultural que identifica a este territorio, a través da compatibilización dos usos e aproveitamentos sostibles da poboación local, que permita a mellora da súa calidade de vida dun modo sostible.

No seguinte enlace pódese descargar a versión definitiva do Plan de Xestión 2013-2017 da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

PLAN DE XESTIÓN 2013-2017
PLAN

 

 Memorias de actividade

 Contas Anuais

Actas Xuntas Directivas

2017

2016

2015

2014

2013

2012

2011

2010

2009