• Galego
  • Español
  • English

Turismo Sostible

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo conta con incribles paraxes naturais protexidas, bosques e montes, lagos, encoros e tranquilas rías. Dentro da nosa Reserva existen Espazos Naturais Protexidos (ZEC) incluídos na Rede Natura 2000, ademais doutras pequenas áreas naturais.

O noso territorio acolle multitude de actividades por descubrir.

Por exemplo, gozar dunha ruta de sendeirismo camiñando polo beira do Mandeo, recorrer unha das etapas do Camiño Inglés a Santiago de Compostela, practicar deportes como a vela, visitar fábricas de elaboración de produtos como queixo ou mel…

 

 

Das nosas rías podemos gozar dos mexillóns, algas, ameixas e demais produtos mariñeiros.

 

Da terra propoñémoste ricos queixos, marmeladas, mel e variedades locais de horta como o repolo de Betanzos, a Cebola Chata de Miño ou o Tomate Negro de Santiago.

QUEIXOS CAGIAO

Para beber hai aromáticos augardentes e o Viño da Terra de Betanzos coa súa variedade insignia, o Branco Lexítimo, que ben podería estar maridada cos afamados pan ou empanada de Carral.

Viño Bodega Rilo

 

Se falamos de patrimonio arquitectónico, nas MCeTM pódense visitar construcións romanas, pazos, mosteiros, castros, igrexas, castelos… Poderiamos salientar:

 

Conxunto Histórico Artístico do Castro Antigo de Betanzos

Betanzos

Pazo de Mariñán

Pazo Mariñán Bergondo

Rectoral de Cines

Rectoral de Cines

Igrexa Románica de Santa María de Cambre

Igrexa de Santa María de Cambre

Mosterio de Sobrado dos Monxes, ademais de fortificacións como o Castelo de Santa Cruz ou a Torre de Celas. Todas estas construcións relátannos historias doutros tempos.

Contamos contigo?

 

RUTA DAS ADEGAS

    RUTAS SENDERISMO

      RUTAS ORNITOLÓXICAS

        RUTA DO IMPRESIONISMO DAS MARIÑAS

            Se desexa contactar con nós pode usar o seguinte formulario de contacto: