Hosting por dinahosting.

Ruta das Adegas

A Comarca de Betanzos está considerada como una das zonas vitícolas históricas de Galicia,atendendo ao seu carácter ancestral e tradicional que se soubo preservar ata os nosos días, mantendo un potencial propio e exclusivo que o diferencia do resto das comarcas produtoras de viño galegas.

A denominación de calidade “Viño da Terra de Betanzos” creouse no ano 2000. Na actualidade conta con 6 adegas adscritas que producen arredor de 160000 litros anuais, cultivando unas 8 ha e conseguindo na graduación alcohólica media de 11,50.
O Instituto Galego da Calidade Agroalimentaria (INGACAL) é o encargado do seu control e certificación.

Os viños da Terra de Betanzos, son viños lixeiros, de graduación alcohólica moderada. Os elaborados a partir de uva branca presentan una cor amarela pálida con reflexos verdosos; con aromas a froitas e flores e cun sabor lixeiramente ácido e postgusto persistente.

Entre as variedades do “Viño da Terra de Betanzos” están Godello, Agudelo e a autóctona Branco Lexítimo, responsable do carácter diferente dos viños brancos de esta zona.

Nas variedades de uva tinta destacan Mencía, Brandellao e Merenzao.

Deixámosche un pdf para que poidas ver as os mapas das sendas.

MAPA EN GALEGO

 

MAPA EN CASTELÁN